Beatriz Vázquez teme que, una vez más, desde el área de Cultura se haya dado este contrato menor a dedo a afines del BNG ya que so dan un plazo de 11 horas entre lo finalice del plazo para presentar ofertas y la entrega del material, coincidiendo además la fecha de apertura de ofertas en día inhábil en la administración
O goberno local de Lugo volve a vetar aos empresarios e autónomos de Lugo nas licitacións públicas que se realizan desde o consistorio, sendo o último exemplo o deseño gráfico da imaxe, a maquetación, a impresión, a instalación e posterior retirada, do material que anuncia a Feira de Gastroarte 2022.
Beatriz Vázquez fai esta denuncia despois de estudar os pregos de licitación deste contrato, que saíu por un importe de 3.500€. O prazo para presentar ofertas rematou onte (día 30 de setembro ás 23:59 horas) e os pregos recollen que o prazo límite de entrega de todo o material é hoxe (1 de outubro) ás 11:00 horas. “Calquera sabe que con ese prazo de entrega de só once horas non hai ningunha empresa capaz de recibir a notificación do encargo, deseñar o material, entregalo e instalalo, iso sen contar que non se van a abrir as ofertas en sábado, día inhábil para a administración”, denunciou.
O material que deberían de realizar as empresas interesadas é o seguinte:
- Deseño gráfico da imaxe da feira
- Oito rótulos coa imaxe gráfica e os nomes dos postos participantes na feira para adornar os oito paneis laterais das catro casetas de inicio e final. As medidas de cada panel son: 243 cm. Alto X 95,5 cm. Ancho. Estes paneis van colocados en paralelo, polo que logo poden percibirse como unha única imaxe
- Dezaoito rótulos con voladizo de dobre cara para identificar cada stand co nome de cada artesán ou produtor
A concelleira popular lamenta a falta de transparencia da que unha vez máis fai gala o goberno local, neste caso a responsable de Cultura, Maite Ferreiro; “ao non dar as mesmas oportunidades a todas as empresas e autónomos interesadas en optar ao deseño da imaxe do Gastroarte, dando unha vez máis un contrato menor para afíns ao BNG”.