Los concejales del Grupo Municipal del Partido Popular señalan que el bigoberno pudo aprovechar el tiempo de confinamiento de los lucenses para eliminar toda la maleza que invade las aceras, pistas y propiedades municipales para evitar la imagen de abandono que ahora se transmite
Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo lamentan a oportunidade que deixou pasar o goberno local de Lugo durante todo o tempo que os cidadáns estiveron confinados xa que, unha vez se puido saír de novo á rúa a pasear, a imaxe que se atoparon en moitas zonas foi como a maleza invadiu por completo beirarrúas e mobiliario urbano.
Os concelleiros populares sinalan que desde o goberno local se puido poñer en marcha un plan de roza e desbroce para evitar que a maleza seguise a invadir a cidade, algo que é unha tónica habitual en moitos barrios, como A Piringalla, A Ponte, San Fiz ou Fontiñas.
Ante a inacción do bigoberno local, a estampa que atoparon os lucenses é que á hora de saír a pasear polas rúas de Lugo viron como en moitos puntos tiñan que baixar da beirarrúa para poder continuar co paseo, xa que a vexetación ocupaba case a totalidade da beirarrúa.
Neste senso, desde o Grupo Municipal Popular ínstase ao goberno local a poñer en marcha un plan de limpeza para eliminar toda esta vexetación da cidade e así mellorar a imaxe e o aseo urbano de Lugo. Neste senso, os concelleiros populares recordan que o Concello de Lugo ademais debe instar aos particulares a manter limpas as súas propiedades e, no caso de que non procedan á limpeza das mesmas, o propio Concello de Lugo pode realizar esa limpeza. “Ante o elevado risco de incendio, derivado da gran acumulación de maleza, o Concello de Lugo, en cumprimento da actualización da lexislación autonómica de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ten que realizar a execución subsidiaria de acordo co establecido no artigo 22 desta lei, sen prexuízo da instrución do correspondente expediente sancionador”, sinalan.