Mar Carballas ve “extraño y sospechoso” que se den menos de cinco días para la grabación, edición y producción de dos vídeos para la gala en entrega de premios ‘Entre Mujeres’ ya que el margen de tiempo es mínimo para poder desarrollar el proyecto
Os populares denuncian que o goberno de Lara Méndez volve a vetar aos empresarios e autónomos de Lugo nas licitacións públicas municipais, xa que o prazo dado para presentar oferta a este contrato pode dar lugar a pensar que deron o contrato a afíns, salvo que alguén teña coñecemento previo.
Os pregos de licitan deste contrato estipulan que mañá día 2 ás 23:59 remata o prazo para presentar ofertas e que o adxudicatario ten que entregar todo o material producido, gravado e editado o día 6, “un prazo imposible de cumprir” se non se comezou a realizar as gravacións con varias semanas de antelación.
As condicións “imposibles de cumprir” son a realización de dous vídeos de entre tres e cinco minutos, un deles das 67 mulleres premiadas dende 2002 e outro das premiadas neste 2023, para o que se pide entrevistas coas premiadas e os seus familiares. “Entrevistar a un mínimo de 70 persoas e a edición de dous vídeos en tres días é imposible de cumprir, salvo que xa se teña todo feito ou información previa”.
No PP lamentan a falta de transparencia da que unha vez máis fai gala o goberno local xa que con esta forma de actuar semella que “non dan as mesmas oportunidades a todas as empresas e autónomos interesadas en optar a realizar os vídeos da gala ‘Entre Mulleres’”.
No PP recordan outro caso semellante: a licitación da imaxe do Gastroarte, un contrato no que se daban 11 horas de prazo á empresa adxudicataria, entre o remate da presentación de ofertas e a entrega do material ao Concello de Lugo, para recibir a notificación do encargo, deseñar o material, entregalo e instalalo, iso sen contar que o día seguinte á presentación de ofertas era un sábado, día inhábil para a administración.