El portavoz del Grupo Popular Jaime Castiñeira afirma que, a 20 días de las patronales, la única promoción de las patronales son las continuas polémicas por el montaje de las casetas del pulpo, las supuestas irregularidades en la elaboración del programa y revista oficial, los cambios del cartel y la incertidumbre de la instalación de las barracas.
O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira afirmou hoxe en rolda de prensa que o San Froilán do 2016 pasará á historia pola polémica das casetas do polbo, polas supostas irregularidades na elaboración do programa e revista oficial, polos cambios do cartel e pola incertidume sobre a montaxe das barracas. O voceiro dos populares criticou que a alcaldesa convirta esta edición do San Froilán “no máis polémico da súa historia” lamentando que “se perdan oportunidades para revitalizar unhas festas que son de todos os lucenses e de todos os galegos”
Con respecto ás presuntas irregulariedades na contratación da revista oficial os populares pediron “explicacións inmediatas ao goberno socialista e acceso e copia dos expedientes relativos á edición dos programas e revistas dos últimos dez anos”. Castiñeira reclamou ao PSOE e aos partidos políticos que o apoiaron unha explicación pública e “no caso de que non se produza” avanzou que pedirán “a comparecencia da edil responsable de cultura Carmen Basadre”. “As sospeitas que hai sobre a edición da revista oficial das patronais son graves, xa está ben de trapalladas” reflexionou o voceiro popular.
O voceiro dos populares tamén se referiu á polémica das casetas do polbo “cúmprese, punto por punto, o guión que avanzou hai días o Grupo Popular”. Jaime Castiñeira lembrou como “xa advertimos que as bases desta adxudicación en vez de garantir a competencia o que garantían era a especulación”. Para o voceiro dos populares con esta adxudicación “arriscámonos a quedar sen casetas” engadindo que “é impresentable que se adxudiquen a unha mesma empresa os catro caldeiros e tres casetas xa que esta non é a mellor forma de garantir calidade do servizo”.
Castiñeira tamén considera unha irresponsabilidade que “a adxudicación das casetas e os caldeiros do polbo se fixese a tan só un mes da data prevista para que abran”. O voceiro do PP salientaba que “lonxe de mellorar a xestión municipal a alcaldesa incluso estaba facendo ata casi pequeno a Orozco” en alusión a que seguimos con empresas sen contrato ou contratos caducados.
Os populares insisten en que o prego de condicións polo que se fixo a contratación debería contemplar que “o caldeiro e a caseta se adxudique de forma conxunta e sempre evitando adxudicar máis dunha caseta e caldeiro a cada empresa para garantir a calidade e a competencia”. Castiñeira censurou “que non se esixa ningún tipo de experiencia hosteleira aos que participen no concurso”. O popular tamén reclama que “aquelas firmas que se presenten asuman unha mínima responsabilidade e penalización en caso de non cumprir as ofertas”.
Por último os populares recriminaron o retraso en contratacións básicas e totalmente previsibles para o desenvolvemento do San Froilán. O popular se refería ao alumeado ornamental “hoxe se abriu o prazo para presentar as ofertas cun prezo de licitación é de 30.148 €” indicando que “a instalación das luminarias debería estar funcionando é o día 30 deste mes”. Outro contrato que segue tramitándose é que ainda está en prazo de presentación de ofertas é a contratación da producción integral de espectáculos das festas.
Logo desta retahíla de despropósitos Castiñeira concluíu “se os socialistas puxeran todo o seu empeño en desprestixiar o San Froilán non lles sairía mellor”. O popular matizou que “é preciso e urxente dárlle unha volta á situación actual polo ben das festas e pola reputación de Lugo e da institución que todos representamos”.