El vicevoceiro popular Antonio Ameijide critica que el gobierno local de PSOE y BNG premie a una multinacional que no resuelve con diligencia las fugas de agua “renovándole hoy la prórroga por un importe de 117.551€”
O Partido Popular lamenta o malgasto de litros de auga por mor dunha fuga que se detectou este domingo en Castelo de Abaixo “a empresa que o concello ten contratada para reforzar a brigada de augas e prestar un servizo 24 horas acudiu logo de que os veciños avisasen á policía pero cando chegou, alegando que non tiña medios, non fixo a reparación nin tampouco cortou a auga”.
Para o vicevoceiro popular é “grave” que en plena seca se deixe correr a auga deste xeito durante un día xa que ata o luns non se fixo a reparación que finalmente realizaron os operarios da brigada municipal de augas os que resolveran esta avaría.
Antonio Ameijide reflexionaba sobre a falta de control que hai no goberno local das empresas concesionarias “externalizaron as reparacións das fugas de auga para reforzar á brigada municipal que o PSOE desmantelou para privatizar o servizo”. O contrato con FCCAqualia formalizouse o 16 de outubro de 2020 e tiña unha vixencia dun ano con 1+1 de prórroga.
Esta denuncia do PP coincide coa adxudicación hoxe en xunta de goberno da segunda e última prórroga que suporá un pago anual de 117.551 €. Para os populares “é indignante que se esté premiando a ineficacia” subliñando que “non se trata dun caso illado” e lembran como “a non disposición de medios suficientes dentro dos tempos máximos de resposta de forma reiterada poderá dar lugar á suspensión do contrato”.
Antonio Ameijide lembraba como “cando se fixo reparación de avaría en Fermín Rivera non tiñan pala e tiveron que picar con medios manuais o que supón máis tempo e máis molestias para a veciñanza; tamén o caso dunha fuga no Parque do Miño onde a empresa abriu unha zanxa para localizar unha fuga que non atopou e logo tivo que ser a brigada municipal a que tapaba esta zona de traballo”. Hoxe mesmo os seus operarios traballaban na reparación dunha avaría na Rúa Mercadorías no polígono do Ceao o rechamante é que “esta avaría detectouse en fin de semana, a empresa concesionaria atendeu a chamada pero como viu que non afectaba a ningunha nave cortou a auga e quedou sen solucionar”.