Castiñeira pide al gobierno socialista “que dedique su tiempo y esfuerzo en gestionar con rigor y no solo para la foto” acusándolo de “improvisar por la puerta de atrás un bloqueo a la proposta conjunta de la oposición para determinar las alternativas del sistema ORA”
O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira lamenta que o goberno local en vez de adicar os esforzos en xestionar se adique a “improvisar manobras políticas de última hora para impoñer a privatización da ORA”. O voceiro popular refíríase á votación en contra, por parte de todos os grupos da oposión, ao intento dos socialistas de incorporar ao debate plenario un documento para blindar o modelo da ORA de pago mediante unha empresa privada. “Está claro que gobernar a base de golpes de efecto e sen medir as consecuencias ten o seu risco” reflexionou Castiñeira.
Jaime Castiñeira considera que a iniciativa que presentou “pola porta de atrás a alcaldesa” é consecuencia dun proceso mal xestionado dende o primeiro momento lembrando que “o goberno local suprimiu a ORA, o pasado mes de xullo, para conseguir unha foto sen ter un mínimo estudio de cómo iba a repercutir a súa decisión nas arcas municipais, e na mobilidade da cidade”.
Os populares non comparten “a posición do goberno socialista de renunciar ao material que se empregou para prestar o servizo da ORA”. Castiñeira critica que os socialistas entreguen, sen máis, á filial de Vendex “dispositivos valorados en máis de 300.000 €”. “No seu momento o PSOE aprobou un prego de condicións no que se entregaba a concesionaria o 80% do recaudado pola prestación do servizo e no que se contemplaba a amortización do material que se utilizaba. Non é de recibo que agora se renuncie él sen máis” manifestou Castiñeira. O voceiro popular considera “un despropósito que o goberno local desperdicie a oportunidade de recuperar os segways, PDAs, equipos de comunicación, parkímetros, furgonetas, sinais e outros medios auxiliares”. Os populares lembran que Doal ingresou nos 6 anos que prestou o servizo da ORA en Lugo 5,4 M€ dos cales 4,3 foron a parar integramente á conta da empresa.
Os populares insisten en que non hai nin un só informe no que se realice unha valoración “que rexeite a proposta polo Partido Popular dun sistema de rotación de aparcamento gratuíto xestionado polo Concello.
O Gmpp considera revelador que dos cinco informes que figuran no expediente só un, asinado curiosamente pola alcaldesa, fala da conveniencia do mantemento do sistema que viña funcionando ata o de agora pola filial de Vendex. “Iso si sen que figure ningun tipo de estudio sobre outras alternativas como a que propón a moción conxunta dos grupos da oposición” reflexiounou Castiñeira.
Por outra parte, o voceiro do PP referiuse ao descontrol que hai no equipo de goberno local en relación ás contradiccións das declaracións sobre a futura xestión do ciclo da auga “é unha vergoña que pola mañá digan unha cousa e pola tarde se desdigan”. Castiñeira manifesta que a descoordinación e o ninguneo da alcaldesa a membros do seu equipo chega a tal punto que “mesmo os desautoriza publicamente”.