Economía

El PP critica los nulos avances de Méndez y Arroxo para regularizar los contratos municipales, que en seis meses supusieron el pago de 17.2 M€ con reparos

By 3 julio, 2020No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Ramón Carballo critica la falta de trabajo del gobierno local para devolver a la legalidad aquellos servicios que cuentan con el contrato caducado o que directamente se prestan sin contrato, ya que esta dinámica sigue manteniendo a Lugo como protagonista negativo en materia económica porque en medio año ya se pagaron 17.293.096,10€ con reparos de legalidad

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón carballo, denuncia que Lara Méndez e Rubén Arroxo non reaccionan e manteñen a dinámica de pagos fóra da legalidade de anos anteriores, xa que no que nos primeiros seis meses do ano desbloquearon o pago de 17.293.096,10€ con reparos de legalidade.

Ramón Carballo lamenta esta situación, xa que semella que tanto a rexedora como o vicealcalde apostan por manter numerosos servizos municipais sen contrato ou co contrato caducado, o que pode supoñer un novo récord negativo para o Concello de Lugo, xa que de seguir nesta dinámica pode pecharse o ano superando pagando máis de 35M€ con reparos de legalidade, ou o que é o mesmo, máis do 33% do orzamento municipal se pagará ao marxe da lei.

Para o voceiro popular, Lara Méndez e Rubén Arroxo teñen a Lugo nesta situación debido á “nefasta” planificación económica da que fan gala, o que mantén ao Concello de Lugo nunha espiral de pagos de facturas con reparos de legalidade.

Ramón Carballo esixe unha reacción no bigoberno xa que é preciso devolver a unha situación de legalidade todos os servizos que se atopan ao marxe da lei. Nesta situación hai casos graves, como o contrato da recollida do lixo (que caducou o 31 de marzo de 2017) e polo que xa se pagou, no que vai de ano, 3.411.265,77€. “Estamos a falar de moitos millóns de euros que se están a pagar ao marxe da lei e non se pode permitir que unha institución como o Concello de Lugo, que debe de ser exemplar, viva nesta espiral negativa”, afirmou.

O voceiro popular recorda que desde o servizo municipal de intervención xa se sinalou en numerosos informes que este tipo de pagamentos “derivan da prestación de servizos efectuadas sen soporte contractual que os ampare en función da súa natureza, informes nos que se sinalaba que se efectuaban os reparos ben porque tivera finalizado a vixencia dos respectivos contratos sen terse iniciado o expediente de novas licitacións, permitindo a continuidade das prestacións en precario e coa natureza da prórroga consentida sen cobertura contractual, ben porque se tivera considerado como gastos/contratos menores non xustificándose tal condición nin pola natureza, nin pola periodicidade nin pola contía acumulada”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies