Economía

El PP critica pagos por 2,1 millones de euros en 2016 de facturas de años anteriores

By 23 mayo, 2016No Comments

El portavoz popular Jaime Castiñeira denuncia que “la nueva alcaldesa es heredera de López Orozco también en la mala praxis económica de arrastrar docenas de facturas impagadas de otros años, algunas desde 2013”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo Jaime Castiñeira criticou esta mañá en rolda de prensa pagos por 2,1 millóns de euros no que vai de 2016 por facturas que ese rexistraron durante anos anteriores.

Nesa liña, o popular explicou que o goberno municipal trasladará ao pleno deste xoves unha proposta para abonar 1.256.443,71 euros, que se sumarán aos 853.104 euros que xa se tramitaron na sesión de marzo, e na que se inclúen varias minutas correspondentes ao ano 2013 e moitas outras do 2014. “Pero se as demoras no pagamento xa son nalgún caso escandalosas, máis o é aínda o funcionamento do goberno que poñen de manifesto os informes que acompañan a algunha das minutas”, asegurou.

A título de exemplo, Jaime Castiñeira aludiu a un estudio para a restauración da Matrona, que, tal como consta no informe do xefe de servizo de Enxeñería, “foi encargada directamente por un concelleiro socialista en 2013 sen que o documento nin a factura tivesen entrada oficial no rexistro do Concello ata que dous anos despois ese mesmo edil instou á empresa a que presentara por Rexistro esa factura, pero sen indicarlle a necesidade de entregar oficialmente o documento ao Concello”. “Este informe non se rexistrou ata o 29 de setembro de 2015, a petición dos funcionarios”, aclarou o voceiro popular.

Tamén fixo referencia ao caso doutra factura, acompañada por un informe no que “a funcionaria responsable de Cultura sinala, respecto á contratación do mantemento técnico e aloxamento para a ferramenta de xestión de entradas do Concello, que no departamento non consta proposta de gastos para estes servizos”, malia a que, como insistiu o popular, “son traballos perfectamente previsibles e programables dos que perfectamente se poden solicitar varios orzamentos”.

Outro grupo de servizos que se inclúen son os pagamentos á concesionaria de recollida de lixo correspondente aos meses da folga, por importe duns 1,2 millóns de euros, “case o mesmo que nos custarían eses traballos de xeito ordinario e ao 100%”. “Paréceme un abuso total porque os lugueses non tivemos un servizo que agora nos piden que abonemos de xeito practicamente íntegro”, subliñou.

Para o popular, “hai outros casos chamativos”, como a factura dun bocata literario celebrado en xullo de 2014, por un importe de 998,25 euros, así como varias de 2013 como unha de material eléctrico. “Todo isto o que pon de manifesto é o mal funcionamento das diferentes concellerías e dos seus diferentes responsables, que nin antes nin agora foron capaces de corrixir a situación”, concluíu. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies