Jaime Castiñeira ve “escandaloso, bochornosoy sospechoso” que la potabilizadora y la depuradora lleven facturando desde 2011 con el contrato caducado “y sin pintas de que a lo largo de este año se legalice y regularice su situación”
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, criticou esta mañá en rolda de prensa os pagos sen contrato por importe de máis de 16 millóns de euros a unha única empresa.
Tal como detallou, a firma privada que se ocupa da xestión da potabilizadora e da depuradora leva facturando uns cinco anos dende que caducou a súa relación co Concello de Lugo (en febreiro e en novembro de 2011, respectivamente). Castiñeira explicou que en 2015 abonáronse 1.874.231,63 euros pola depuradora, que sumados aos 5.490.748,23 euros desembolsados entre 2011 e 2014, supoñen 7.364.979,86 euros. Pola súa banda, pola potabilizadora abonáronse en 2015 1.320.756,09 euros, contía á que hai que engadir os 5.515.122,36 euros pagados nos exercicios anteriores, de xeito que o importe facturado sen contrato pola xestión desta planta ascende ata os 6.835.878,45 euros. “E a estas cifras hai que sumar as facturas pendentes en ambos os dous casos, que estimamos en 1,5 millóns de euros”, sinalou o popular, quen cualificou a situación, “que non ten pintas de corrixirse ao longo deste ano”, de “escandalosa, bochornosa e sospeitosa”.
Balance 2015.-
Polo demais, Jaime Castiñeira destacou que en 2015 o Concello de Lugo pagou 9.553.833,40 euros a máis de 20 empresas “que facturan sen contrato para a administración municipal”, o que supón que “a nova alcaldesa mantivo o mesmo ritmo de facturas alegais que viñan tendo Orozco e Liñares nos exercicios anteriores”. Ademais dos casos da depuradora e potabilizadora, o voceiro popular incidiu en servizos “que se viñan arrastrando sen contrato de anos anteriores e que remataron o 2015 tamén sen contrato”, como o caso do transporte urbano (2.340.740,36 euros en 2015 e uns 5,2 millóns de euros dende o remate do contrato en maio de 2013) ou o da iluminación pública (1.493.827,60 euros en 2015 e 3,4 millóns de euros dende o fin do contrato en xullo de 2013).
Por outra banda, o popular tamén revelou que o goberno municipal mantén sen contrato á empresa que se ocupa da limpeza dos centros e dependencias municipais, así como dos colexios, polos que o Concello de Lugo pagou en 2015 994.054,10 euros e 811.221,77 euros, respectivamente. “E a iso hai que sumar outros importes que resultan chamativos, que van dende a adquisición de vestiario da Policía Local ata bolsas de estudos FEUGA, pasando polas facturas de Nalgures Producións do San Froilán ou o pago da comida do Día do Veciño”, incidiu Jaime Castiñeira, quen se preguntou de novo “por que o goberno municipal mantén nesta situación totalmente fóra da legalidade a máis de 20 empresas”.
Máis de medio millón de euros a Vendex.-
Por último, o voceiro popular denunciou que outra filial de Vendex leva cobrado do Concello máis de 500.000 euros sen contrato pola xestión dos museos municipais, xa que aos 280.000 euros que facturara entre xuño de 2010 e marzo de 2012 e os 50.000 euros do ano 2013 sumáronse en 2015 outros 170.000 euros. “Tendo en conta que a alcaldesa prolonga esta situación e que o novo contrato do servizo segue sen ter ningunha traza de saír adiante, débenos moitas explicacións”, concluíu o popular.
ANEXO DE DATOS
- Gestagua
Fin contrato | Pagos 2015 | Pagos ata 2015 | Estimación pendente | TOTAL | |
EDAR | Nov 11 | 1.874.231,63 | 5.490.748,23 | 800.000€ | 8,4 Millóns |
ETAP | Feb11 | 1.320.756,09 | 5.515.122,36 | 720.000€ | 7,5 Millóns |
Nota: Última factura pagada EDAR setembro 2015; ETAP outubro 2015.
- Outros contratos con especial incidencia
Pagos 2015 | Pagos ata 2015 | TOTAL | ||
Transporte | Maio 13 | 2.340.740,36 | 2.853.608,61 | 5,2 Millóns |
Iluminación | Xullo 13 | 1.493.827,60 | 1.908.226,86 | 3,4 Millóns |
Nota: Última factura pagada en 2015 transporte agosto; iluminación outubro.
- Outros servizos con reparos de legalidade en 2015
SERVIZO | PAGO (IMPORTE 2015) |
Limpeza centros e dependencias municipais | 994.054,1 |
Limpeza colexios | 811.221,77 |
Museos municipais (Vendex) | 167.877,92 |
Becas FEUGA | 1.749,18 |
Actuacións San Froilán | 74124,6 |
Comida Día do Veciño | 2117,98 |
Aprende Xogando | 118.963,68 |
Vigilancia CEI-Nodus | 43.216,38 |
Dinamización Casa das Linguas | 37.875,2 |
Centro de día Antonio Gandoy | 33.913,38 |
Desratización | 15.717,97 |
Vixilancia de saúde | 548,59 |
Seguridade no traballo | 715,84 |
Recoñecemento traballadores | 70,04 |
Obras auditorio G. Freire | 4.952,86 |
Mantemento equipos informáticos | 18.046,6 |
Copias en dependencias municipais | 17.246,52 |
Animación sociocultural | 25.127,48 |
Mantemento TAO | 14.162,78 |
Vestiario Policía Local | 24159,56 |
Emulsión bituminosa | 57809,51 |
Docencia EI San Fiz | 28021,83 |
Docencia EI María Wownburgere | 27833,95 |
Cociña EI Serra de Outes | 4.750 |