Antonio Ameijide explica que la división del gobierno más caro de la historia de Lugo se hizo patente en la presentación del proyecto de las cuentas municipales ya que Rubén Arroxo evitó acompañar a Lara Méndez a la presentación ante los grupos de la corporación, entidades sociales o administraciones públicas, mientras “escenificaron una unión ficticia” al acudir conjuntamente a la puesta de largo de las cuentas ante los medios de comunicación
As tensións no desgoberno municipal son cada día máis evidentes e unha nova mostra foi a ausencia de Rubén Arroxo na presentación dos orzamentos que fixo Lara Méndez esta mañá aos grupos da corporación, administracións públicas ou entidades do tecido social e económico, o que evidencia que a distancia entre Méndez e Arroxo é cada vez maior, mentres a rexedora e o tenente de alcaldesa optaron por “escenificar unha unión ficticia” ao acudir xuntos á presentación ante os medios de comunicación.
Unha situación que non pasou desapercibida para o vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, que criticou as formas de Arroxo e de Méndez, ao tempo que aproveitou a ocasión para evidenciar que “seguramente que as tensións do goberno máis caro da historia de Lugo se suavizarán no momento de levantar a man para aprobar as contas municipais para o vindeiro ano”.
Unha ausencia que non fixo máis que dar a razón á denuncia que a semana pasada realizou o Partido Popular, cando os populares aseguraron que as tensións entre PSOE e BNG atrasaban a confección dos orzamentos municipais para 2022 polas liortas entre Méndez e Arroxo á hora de distribuír os fondos do 60 – 40% no que quedaron no pacto de desgoberno municipal.
No referente ás contas, o vicevoceiro popular acusa a Lara Méndez e Rubén Arroxo de padecer un escurantismo crónico xa que unicamente fixeron unha presentación de 15 minutos na que non aportaron “nin un só papel, dilatando ao máximo a entrega da documentación”. Os populares acusan a Lara Méndez de “seguir vendendo fume” a través “duns números pouco fiables e que non van ser capaces de executar”. Neste senso, os populares critican que de novo Lara Méndez opte por endebedar a todos os lucenses ao pedir de novo un crédito de 5.7M€.
Antonio Ameijide tamén fai referencia á que Lara Méndez presentou os orzamentos sen sentarse a falar co PP, grupo maioritario da corporación e que a semana pasada rexistrou unha batería de 76 propostas, baixo o paraugas de #CosPésEnLugo, xa que reflicten demandas de diferentes colectivos da cidade.