Infraestructuras

El PP critica que aún no se haya conectado la tubería general de abastecimiento de A Louzaneta

By 18 julio, 2016No Comments

El portavoz popular Jaime Castiñeira explica que “hay bastante malestar” entre los vecinos de A Louzaneta por no disponer de una presión adecuada en la red de aguas “por la que llevan mucho tiempo esperando”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, critica que aínda non se conectara á rede de augas a tubaxe xeral de abastecemento da Louzaneta, unha obra realizada ao abeiro do convenio coa sociedade pública estatal Agua de las Cuencas de España (ACUAES).

Tal como explica, trátase dunha intervención na rede xeral de distribución de auga dos depósitos de Penarrubia ata A Louzaneta, “que entendemos que foi rematada e recibida hai xa varios meses”. Ante esta situación, o popular anuncia que solicitará aos socialistas que na vindeira Comisión de Medio Rural, Infraestruturas e Deportes dean explicacións de por que a día de hoxe continúa sen poñerse en funcionamento. “É evidente que así non dá solución aos problemas de falta de presión para os que foi concibida e para os que pagamos todos os lugueses”, detalla Castiñeira.

Así mesmo, o popular incide en que “entre os veciños da zona da Louzaneta e outras da contorna existe un profundo malestar por non dispoñer dunha maior presión da rede de augas, que sexa minimamente aceptable e que é un obxectivo polo que levan moito tempo agardando”.

Por último, o voceiro popular asegura que “o que non pode repetirse é o que aconteceu coas bombas do circuíto de auga reciclada, que houbo que mandar reparar antes sequera de que entrasen en servizo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies