Otrostransparencia

El PP critica que la alcaldesa incumpla el 94% de sus acuerdos plenarios

By 28 abril, 2017No Comments

El viceportavoz popular, Antonio Ameijide, denuncia que de las 50 proposiciones aprobadas desde el inicio del mandato la iniciativa del PP “solo tres se ejecutaron y en otras 6 se dieron avances mínimos, mientres que el gobierno no abordó las 45 restantes”

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, criticou esta mañá que a alcaldesa leve incumpridos o 94% dos acordos plenarios aprobados a iniciativa desta forza política dende o inicio do mandato. O edil do PP lamenta que “en vez de aplicarse, neste 2017, os socialistas empeoran a porcentaxe de acordos realizados”

Ameijide lamentou o desprezo da alcaldesa por este órgano de traballo que se reflicte primeiro, na súa ausencia hoxe na presidencia, e segundo, na dinámica que pretenden implantar na Comisión de ter aos grupos da oposición como convidados de pedra “veñen a dar conta dos seus fracasos sen abordar as solucións ou pulsar a opinión dos autores das iniciativas que se aprobaron nos plenos ao longo deste mandato”.

Os populares, logo de analizar os informes que acompañan as diferentes iniciativas, denuncian que “hai casos chamativos nos que se evidencia a parálise, o desgoberno e a indecisión e indefinición dos socialistas de Lugo”. Un caso que reflicte a desorganización que hai no Concello de Lugo  é o da  implantación dun Plan de Tráfico para o casco histórico, que, a estas alturas, xa debía  estar como mínimo esbozado pero “o único que hai é un informe da policía na que se traslada esta competencia ao departamento de enxeñería”.

Tal como explicou o popular ao remate da Comisión Permanente para o Seguimento e Cumprimento dos Acordos Plenarios Aprobados celebrada hoxe, das 54 proposicións que o PP leva trasladado dende xullo de 2015, ata a actualidade 50  foron aprobadas. “Pero a realidade demostra que quedan en papel mollado, porque en 41 delas a alcaldesa e o equipo de goberno non deron nin o máis mínimo paso”, apuntou Ameijide. Nesa liña, detallou que das seis restantes só cumpriron tres (a da constitución da comisión relativa ao Garañón aprobada en xaneiro deste ano; a do desconto no recibo de lixo dos días en que, por mor da folga, non houbo este servizo e que se aprobou en setembro de 2015; e a convocatoria da Comisión de Planeamento, aprobada en abril de 2016), mentres que nas outras seis que atenderon parcialmente ao que se pedía: a elaboración da nova Relación de Postos de Traballo (en trámite e pendente da súa aprobación pola xunta de goberno), o abastecemento da parroquia de Orbazai (en proceso de licitación pero aínda non executada) e o plan de tráfico de A Ponte (axilizouse a actuación na rúa Fermín Rivera pero non se interviu nas interseccións conflitivas do barrio), a mesa de traballo do transporte urbano (se reuniu unha vez en 2016); ou a declaración de interese de actividades agrícolas (hai un informe técnico no que se matiza que para poñer en práctica esta medida habería que reforzar o servizo de facenda porque se podería colapsar debido ao traballo que pode supor aplicar este tipo de bonificacións no IBI) e por último na iniciativa relativa á construcción do novo colexio do Sagrado Corazón, por fin, os socialistas recoñecen que é preciso realizar o plan parcial e se encarga a encomenda de xestión a Evislusa.

O vicevoceiro popular afirmou que entre as 45 iniciativas das que non se realizaron balanzos atópanse acordos como o da creación dun plan específico de intervención contra os gorrillas, a posta en marcha dun sistema de control do estacionamento gratuíto, municipal e xestionado dende o Concello para reemprazar a ORA, a creación dun parking fronte ao HULA recuperando a subvención prometida pola Deputación Provincial para esa intervención, o redeseño integral do transporte urbano así como a gratuídade deste para menores de 18 anos a imitación do que fai a Xunta de Galicia, o desdobramento e iluminación de Duquesa de Lugo ou a creación da Comisión do Dusi.

Hai acordos unánimes que seguen gardados nos caixóns e que “tan só dependen da vontade política do goberno soicialista” citando casos enquistados, tan emblemáticos, como é do arranxo da rúa do Granxeiro (29/09/2015); a elaboración do Código de boas prácticas de uso da web municipal (25/11/2015) a entrega dos títulos de propiedade das súas vivendas aos veciños da Croa (25/02/2016). “Estamos falando de acordos sinxelos de resolver que algúns levan máis de dous anos estancados” manifestou.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies