El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide critica que al vicealcalde Arrojo se le pegó la actitud de la otra alcaldesa Lara Méndez al culpar la otras administraciones en lugar de admitir su falta de trabajo, ya que ahora es el Ayuntamiento de Lugo es lo que está la retrasar a cesión de San Eufrasio al no solicitar formalmente a la Xunta de Galicia la cesión de esta vía para la construcción de la rotonda
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia a posición tomada polo vicealcalde de Lugo, Rubén Arroxo, que hai uns días asegurou que tiñan solicitada a cesión de San Eufrasio á Xunta, algo que non é así, xa que a solicitude ten que realizarse a través dun acordo plenario ou dun acordo da xunta de goberno local, “e non o fixeron así”.
Antonio Ameijide sinala que dende o 20 de decembro Rubén Arroxo ten sobre a súa mesa unha comunicación de Francisco Menéndez, director da Axencia Galega de Infraestruturas, na que lle indica cales son os pasos que ten que dar para que o Concello de Lugo solicite a cesión da parte necesaria da vía para poder facer a rotonda de San Eufrasio.
Neste senso, o concelleiro popular indica a Rubén Arroxo que xa hai un acordo plenario, de decembro de 2013, tomado a raíz dunha iniciativa do Grupo Municipal Popular, para mellorar a seguridade viaria no entorno de San Eufrasio e Fontiñas, acordo a raíz do que o Concello de Lugo podería solicitar á Xunta de Galicia a cesión dos terreos para a construción da devandita rotonda.
Incluso o vicevoceiro popular recorda que foi a Xunta de Galicia a que hai poucos meses renovou a rúa San Eufrasio, unha obra “necesaria” para a cidade. Actuación coa que ademais de corrixir as deficiencias existentes, se realizaron melloras en seguridade viaria, sobre todo nos pasos de peóns, a raíz dunha petición realizada polo Grupo Municipal Popular despois de realizar varias xuntanzas cos veciños da zona.
Ante esta situación, Antonio Ameijide lamenta a actitude que comeza a amosar Rubén Arroxo, unha imaxe propia de Lara Méndez, que opta por buscar escusas e culpar a outras administracións en lugar de admitir a falta de traballo propio. “Semellaba que o vicealcalde impulsaría outra forma de traballar no Concello de Lugo, pero os feitos falan por si mesmos e amosan que Rubén Arroxo comeza a empregar a táctica Lara Méndez de culpar aos outros para tentar tapar a súa falta de traballo”, sentenciou.