Antonio Ameijide denuncia que, a 15 días de que empiece la Semana Santa, el Ayuntamiento de Lugo todavía no ha iniciado la rehabilitación de la fuente de San Vicente “pese a la rápida autorización que emitió la Xunta de Galicia para ese proyecto”
O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, critica que a estatua de San Vicente “continúe tirada a día de hoxe” no Parque de Bombeiros, logo de que transcorreran máis de tres meses dende o derrubamento da escultura.
Deste xeito, Ameijide apunta que “a 15 días de que comece a Semana Santa, non nos consta que se tivesen adxudicado sequera os traballos de rehabilitación”, malia a que a Xunta de Galicia “foi dilixente” e concedeu autorización ao Concello o 3 de marzo, practicamente unha semana despois da reunión ordinaria que celebrou a Comisión de Patrimonio Histórico de Lugo o día 24 de febreiro, no que o popular considera outra “proba” do interese da Xunta de Galicia por “desbloquear proxectos pendentes”, actitude que contrapuxo co “permanente bloqueo” do goberno local ante calquera intervención dunha administración gobernada por outro partido político.
“Isto non é máis que outro exemplo da parálise e do desinterese dun goberno socialista que ten dúas caras: unha a que lle dá aos medios de comunicación simulando ter urxencia e présa por iniciar os traballos e outra, que é a que reflicten os decretos e o Boletín Oficial da Provincia, que atravesan unha sequía considerable por mor dunha alcaldesa que non quería selo”, valora Ameijide.
Así mesmo, incide en que “ao feito de que non se teña rexistrado ningún avance significativo hai que engadir que esa escultura segue depositada no mesmo sitio, sen ningún elemento de protección que garanta que non continúe o seu deterioro”, polo que tacha de “incrible” que “en tres meses” o goberno local nin sequera se preocupase desta cuestión “tan básica”.
Finalmente, o vicevoceiro popular critica que “a alcaldesa estea empeñada nunha escalada de novos anuncios e nunha xira por barrios con medidas de escaso calado mentres segue sen responder a problemas que ou ben xerou ela ou ben se provocaron durante o seu mandato”, en referencia a cuestións como a da fonte de San Vicente, á suspensión unilateral da ORA ou aos cortes de luz en dependencias municipais por impagos do Concello.