Servicios sociales

El PP critica que a finales de curso el Ayuntamiento aún no haya pagado las becas de material escolar

By 26 mayo, 2017No Comments

La edil popular Mari Teijeiro denuncia que “las librerías, que sí son pequeños empresarios y no Gestagua o Cechalva, son las que llevan nueve meses financiando los materiales para los más pequeños mientras que el gobierno local se ha desentendido de ellas”

A edil do Grupo Municipal do Partido Popular Mari Teijeiro critica que, a menos dun mes de que remate o curso escolar, o Concello aínda non teña abonado as axudas para material escolar das que se benefician uns 450 alumnos de Educación Infantil.

A este respecto, Teijeiro apunta que “son as librarías de Lugo, que esas si dependen de pequenos autónomos e empresarios e non Gestagua ou Cechalva como sempre di o goberno para chantaxear, os que teñen que asumir o financiamento dos cadernos durante un período de nove meses”, xa que “dende que subministraron os materiais ás familias en setembro están a aplicar toda a súa boa vontade sen saber con certeza cando poderán cobrar”. Nesa liña, a edil popular acusa aos socialistas de sumir “nunha gran incertidume” primeiro ás familias, xa que a finais de setembro aínda non estaba publicada a convocatoria que ía rexer a concesión destas axudas e ata mediados de xaneiro non sabían se ían ser beneficiarios, e agora aos libreiros, que levan “case un curso completo” para poder ingresar o diñeiro que lexitimamente lles corresponde.

Para a popular, “é especialmente preocupante que aconteza isto cando se trata dunha axuda ordinaria con carácter anual que non debería coller de sorpresa aos socialistas”, afirma Teijeiro, quen subliña que “é indignante que o Concello non estea en condicións de abonar, nove meses despois, unha partida tan pequena de 36.500 euros”.

Antecedentes.-

Por outra banda, Mari Teijeiro afonda no “malestar” que existe entre as familias do municipio dados os antecedentes de 2015, cando esta liña de axudas tardou tantos meses en tramitarse (abriuse o prazo o 12 de xuño de 2015 pero non se resolveu ata ben entrado o outono). “Pero vemos que coa de 2016 a situación foi aínda peor, por non falar de que o importe das axudas é dos máis baixos de Galicia, xa que os 80 euros de Lugo contrastan cos 100 de Pontevedra e os ata 125 de Ourense”, valora a edil popular, ao tempo que critica “o paulatino deterioro” desta liña de axudas, que de saír en 2013 en abril ou en 2014 en xullo agora “acumula retrasos nunca antes coñecidos” que prexudican gravemente aos lugueses. En opinión da popular, “non existe xustificación nin desculpa ningunha para esta falta de previsión”, que vén a ratificar que “as prioridades do goberno non coinciden coas dos lugueses”. “Máis aínda tendo en conta que tanto a concelleira de Servizos Sociais, Ana González, e o de Educación, Manuel Núñez, son xa veteranos e deberían preocuparse por moito que a alcaldesa se desentenda desta cuestión”, asevera.

Por último, Mari Teijeiro reitera a súa demanda de que se publiquen as bases “á maior brevidade posible e, loxicamente, a axilizar a resolución desta liña de axudas” co obxectivo de minimizar o impacto lesivo que ten “esta demora e esta preguiza do goberno local”, especialmente sobre as familias luguesas, pero tamén sobre as librarías, ás que tamén afecta esta circunstancia. “Se se cumpre este requisito será máis doado que estes empresarios e autónomos poidan cobrar en prazo”, conclúe. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies