Macamen López Silva explica que los beneficiarios de las ayudas al alquiler llevan 3 meses sin cobrar esta ayuda y no pueden acceder a los bonos de emergencia social por ser beneficiarios de una ayuda que no perciben
O goberno de Lara Méndez ten unha nula sensibilidade por axudar ás familias que peor o están pasando, xa que hai tres meses que non pagan as axudas ao aluguer aos beneficiarios.
Macamen López Silva lamenta a insensibilidade do goberno local xa que nestes tres meses nada fixeron por solucionar o problema, a pesar de que non é a primeira vez que sucede, xa que dende o Grupo Municipal Popular xa se denunciou en varias ocasións esta situación.
A concelleira popular incide en que esta situación, que se repite periodicamente a comezos de ano e durante o verán, débese á falta de previsión e de traballo do goberno de Lara Méndez por non ter solucións a este problema recorrente. Ademais, esta indefensión para os beneficiarios desta axuda fai que o pasen peor os que máis axuda precisan.
Tampouco é posible facilitar a estas persoas as axudas de emerxencia social xa que “non poden recibila porque son beneficiarios da axuda para o aluguer que non están a cobrar”.
A concelleira popular afirma que a desorganización dos servizos sociais “sobrecargados de traballo e con escaso persoal” ten consecuencias negativas para todas as familias que precisan de calquera tipo de axuda.
Macamen López Silva insiste na necesidade de reformular o funcionamento dos servizos sociais “para evitar que se repitan situacións como estas se deberían ingresar a axuda ao aluguer antes de que remate o mes” reclamando de novo un reforzo do persoal de servizos.