Economía

El PP critica que Lugo sea la tercera ciudad española “que peor paga”

By 24 noviembre, 2016No Comments

 Jaime Castiñeira insta al gobierno local a “corregir con la máxima urgencia” las demoras en los pagos a proveedores del Ayuntamiento de Lugo, que “además de cuatriplicar los plazos legales, son las peores de toda España, solo por detrás de Jaén y Granada”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, criticou que o actual goberno local teña convertido ao Concello de Lugo “no terceiro peor pagador de todas as cidades españolas”.

Durante a súa intervención no debate plenario en relación á aprobación do recoñecemento extraxudicial de crédito (isto é, o pago de facturas por servizos prestados en exercicios anteriores xa pechados), Jaime Castiñeira aludiu ao contido do informe do Ministerio de Facenda feito público esta semana a respecto dos prazos medios de pagamento ao remate do terceiro trimestre de 2016. Este documento reflicte que Lugo tarda 112 días de media para abonar as facturas, sendo o municipio lugués a cidade galega e a terceira de todas as españolas que máis tarda en pagar aos seus provedores. “Semella que a este goberno socialista non lle parecía suficiente que Lugo fose medalla de ouro en incumprimento de pagos a nivel galego que tamén se empeñou en que fose bronce nacional”, ironizou a este respecto, ao tempo que apuntou que “esta tardanza, que multiplica por catro o período máximo legal previsto, é o mellor termómetro dunha dirección política absolutamente nefasta en materia económica que, do mala que é, vai camiño de facer boa a anterior”. A este respecto, o popular indicou que a 30 de xuño de 2016 o Concello de Lugo pagaba en 88 días, case un mes menos que os 112 do 30 de setembro de 2016.

Así mesmo, o popular, que trasladou durante o seu discurso o recoñecemento ao labor que realizan os funcionarios da área económica “porque se os pagos atrasados non son maiores é grazas ao seu esforzo”, criticou a falta de avances por corrixir unha situación que os socialistas converteron en “endémica”. Nesa liña, afondou en que non só o goberno local está a prexudicar aos provedores a retrasar os pagamentos senón que tamén está a privar aos lugueses de investimentos por mor da obriga legal que teñen de amortizar débeda as administracións que sistematicamente incumpren os períodos medios de pago. Así, Castiñeira incidiu, como xa fixo no pleno de aprobación da Conta Xeral de 2015, en que “se os lugueses non temos hoxe investimentos por máis de 6 millóns de euros co superávit que se obtivo debido á nefasta xestión non é porque Montoro nos obrigue senón porque a pésima dirección política municipal nos condena a iso”.

Por último, Castiñeira instou aos socialistas á comprobación exhaustiva das facturas eléctricas, facéndose eco dunha advertencia que reiteradamente realizan os técnicos a este respecto. “Cómpre que se realice esa segunda revisión que piden, porque non estamos seguros de que non se estea a pagar o que non corresponde; e de aí poderiase obter un aforro importante para o Concello”, concluíu. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies