Economía

El PP critica que las multas de tráfico se utilicen como la octava fuente de ingresos

By 10 agosto, 2016No Comments

Tras analizar los datos de la cuenta general de 2015 el GMPP considera “pouco realista e rigurosa a actuación do goberno socialista en materia económica criticando que, a 31 de decembro, preto do 29% do orzamento estivese sen executar”

O GMPP acusa ao goberno local de condenar, ano tras ano, aos lucenses a unha maior presión sancionadora que confirma o afán recadatorio do equipo socialista. Antonio Ameijide explicou que, tal e como figura na conta xeral de 2015, as sancións de tráfico supoñen a oitava fonte de ingreso do Concello “dacordo cos orzamentos de 2015 contemplábase unha cantidade que se quedou curta xa que ao final a recadación alcanzou os 2.300.879,35 €”. Os ingresos por sancións de tráfico superaron ás dos ingresos por licencias, ocupación de vías, IRPF …

O concelleiro do Grupo Municipal do PP, Antonio Ameijide, tamén destacou o “pouco realismo e rigor” do goberno socialista en materia económica.  O popular refírese ao baixo grao de execución do orzamento  que debería estar executado nun 100% indicando que “con data 31 de decembro o 28,45% do orzamento seguía sen executar deixando sen investir en Lugo preto dun tercio en infraestructuras, mantemento e servizos”.

Tras analizar a xestión económica do Concello durante o pasado 2015, “comprobamos como Lugo volve a bater récords de empresas que traballan para administración local con contratos caducados”. Antonio Ameijide insiste en que “hai que ser máis firmes para corrixir esta situación de irregularidade administrativa e na que se atopan numerosos servizos que seguimos pagando con reparos de Intervención”. Dacordo co análise da Conta Xeral de 23 servizos que citan, 11 están sen contrato e 4 próximos a caducar.

O popular tamén advertiu á alcaldesa que “cada vez son menos cribles os seus argumentos contra as administracións gobernadas do Partido Popular e a súa postura de victimismo”. Ameijide salientou que as cifras poñen en evidencia “quen cumpre con Lugo e quen non”. Os populares explicaron que en 2015 estaba previsto recibir da Deputación 1.130.000 € e só  se ingresaron 282.590€, privando aos lucenses de 850.000 € “sen que os socialistas reclamasen nada”. O popular indicou que “mentres tanto, os ingresos previstos por parte da Xunta de Galicia se incrementaron nalgunhas partidas en máis de 200.000€”.

Aos populares chámalles á atención que o período medio de pago a proveedores empeore nuns meses pasando dos 16,94 días de abril aos 29,93 días nos que se abonaban as facturas en decembro. Ameijide lamenta que o goberno socialista se mova ao ditado das eleccións para logo relaxarse “os autónomos e empresas teñen que sobrevivir todos os meses independentemente de que sexa ou non período electoral”, concluiu.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies