La concejala popular Mari Teijeiro denuncia la despreocupación del goberno local por “saltarse la convocatoria en 2016 del programa de ayudas de alquiler” provocando malestar entre las familias que necesitan esta aportación económica.
O Grupo Popular critica a incapacidade do goberno local para publicar as axudas ao alugueiro de 2016 asegurando que “a ausencia desta convocatoria afecta a máis de 130 familias que non pudieron solicitar esta achega o pasado exercicio”. Mari Teijeiro afirmou que a resposta que deron hoxe os socialistas na Comisión reafirma “a súa neglixencia e despreocupación por poñer en marcha, en prazo, o programa de axudas ao alugueiro”. A popular explicou que non é crible a escusa de que demoraron a tramitación desta convocatoria porque estaban estudando a posibilidade de adherirse ao programa do alugueiro da Xunta.
A concelleira popular explicou que esta liña de axudas ao alugueiro son bianuais e que os socialistas se saltaron “de forma premeditada a convocatoria de 2016”. Teijeiro avala esta afirmación en que “o que se orzamentou o pasado exercicio para este programa tan só chegou para cubrir as axudas das convocatorias de 2014 e 2015”. “Se é xa grave que se saltasen o prazo da convocatoria ainda é moito máis preocupante que as familias que precisan esta axuda teñan que agardar, agora, ata 2018 para cobrar estas axudas de nova convocatoria” en alusión a que, unha vez que se convoquen as bases, hai que verificar e tramitar os expedientes.
Teijeiro lembrou que a última convocatoria destas axudas de 2015 non se resolveu definitivamente ata o penúltimo día do ano “provocando retrasos nos pagos a algunhas familias que tardaron en cobrar ata seis meses obrigándolles a ter que pedir cartos prestados para pagaren a mensualidade da súa vivenda”. Para evitar que se repita esta situación e, tendo en conta que estamos a falar de axudas de carácter básico, a concelleira Mari Teijeiro pediu que “nada máis aprobar os orzamentos de 2017 se publiquen as bases destas axudas ao alugueiro”. A popular tamén reclamou que os remanentes que quedaron do programa se destine as familias que quedaron en lista de espera.
Os populares tamén presentaron varias iniciativas para levar a cabo diferentes obras en vías e locais municipais. Entre outros destaca un rogo para mellorar a accesibilidade na Rúa Outono, que comunica a avenida de Fontiñas coa rúa Primavera, suxerindo “substituir a escaleira que hai nesta vía por unha rampa”.. Os populares tamén reclaman que se saneen e se limpen as malas herbas que hai no terreo ao carón da escalinata do Carril do Outono e no muro de contención do tramo da confluencia entre a Rúa do Outono coa Rúa Primavera. O goberno local comprometeuse a estudar ambas peticións.
Outra petición do Grupo Popular é para que solucionar os problemas de humidade que hai nun local da nave das asociacións de Frigsa “onde as filtracións de auga por un illamento deficiente das fiestras provoca desconchamento e malos olores nas dependencias”.