Beatriz Vázquez lamenta que las patronales sigan siendo unas celebraciones “exclusivas para afines del BNG” en las que Lara Méndez permite a sus socios de gobierno una organización exclusiva de los nacionalistas
“Seguen a pasar o rodillo das súas ideas”. Este é o resumo que fai a concelleira popular Beatriz Vázquez da xuntanza da comisión de festas desta mañá na que o goberno local o único que fixo foi informar das contratacións realizadas ata agora, tendo unicamente dúas actuacións pechadas das catorce previstas na Horta do Seminario.
Recorda Beatriz Vázquez que esta situación non é nova. O ano pasado xa renunciaramos a participar da comisión de festas debido ao “trágala” que impuxeron. “Non se pode entender a postura que defenden tanto BNG como PSOE xa que o único consenso que defenden e o seu pacto de goberno amparando os socialistas as propostas do BNG, pasando o rodillo das votacións, para non abrir novas fendas no goberno, polo que nunca chegan a ter en conta as propostas da oposición”, lamentou a popular.
Como todos os anos, dende o Grupo Municipal do Partido Popular se rexistrou un documento con diversas propostas para o programa do San Froilán pero, como sempre “en canto facemos algunha proposta ou pedimos cambiar o plan que nos presentan, o camiño que marcan é que é o que hai e que senón non gusta xa sabemos o que hai: tragar e punto”.
Para os populares a “actitude dictatorial” do BNG, amparada polo silencio do PSOE de Lara Méndez, non fai máis que referendar que estes catro anos de bigoberno son “un rodillo permanente” polo que, como todos os anos “xa que o único consenso ao que queren chegar é o que os leva a manterse no goberno local”.