Personal

El PP critica que el Ayuntamiento no aumente el personal de la oficina de turismo

By 3 junio, 2016No Comments

El viceportavoz popular Antonio Ameijide afirma que “el gobierno municipal prefiere el victimismo y la letanía de la falta de trabajadores que acogerse a fórmulas como la línea de ayudas de la Xunta para la contratación temporal, a la que ni siquiera se presentó”

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, critica que a administración municipal non vaia aumentar o persoal da oficina de turismo.

Tras a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) de onte dos once concellos beneficiarios das liñas de axuda de Turismo de Galicia, os populares denuncian que “outro ano máis, Lugo se desentendese sequera de optar a estas subvencións de concorrencia non competitiva”. “Sabendo que pola fórmula da convocatoria podiamos ter traballadores para a oficina de turismo sufragados pola Xunta do 15 de xuño ao 15 de setembro, é incomprensible este desprezo, non á Xunta de Galicia senón ao conxunto dos lugueses”, apunta Ameijide.

Así mesmo, o vicevoceiro popular incide en que o feito de non presentarse é outra mostra máis de que este goberno municipal “prefire seguir xogando ao vitimismo e continuar coa letanía permanente da falta de empregados municipais”. “Isto confirma o que xa sabiamos: que ao goberno socialista lle preocupa facer partidismo dende a institución, non atender as necesidades dos lugueses”, asegura, ao tempo que solicita ao goberno que “nos deixe de tomar como reféns a todos os veciños na súa estratexia permanente de confrontación”. Nese senso, o vicevoceiro popular lamenta que “en lugar de aproveitar a colaboración que brinda a Xunta de Galicia en materias como a contratación de persoal ou o equipamento do novo auditorio, entre outras moitas, o goberno municipal segue instalado no non polo non”.

Por outra banda, Ameijide reprocha que “nin é a primeira vez que ocorre isto, xa que outros anos tamén denunciamos unha situación idéntica, nin tampouco a concelleira da área pode alegar descoñecemento, posto que leva máis de 17 anos no Concello de Lugo”.

Por último, o vicevoceiro popular censura que “ademais de non presentarse sequera ás convocatorias públicas de subvencións da Xunta de Galicia, noutras ocasións a nefasta xestión que se facía das mesmas provocaba que se acabasen perdendo”. Así, lembra que “só nun ano”, en 2011, se perderon case 300.000 euros e se puxeron en risco outros 200.000 euros en subvencións xa concedidas: 80.000 euros do IGVS para un convenio de colaboración para a tramitación de expedientes de rehabilitación e financiamento dos gastos de mantemento das oficinas municipais de rehabilitación, 50.000 euros para a instalación de caldeiras de biomasa no módulo de atletismo das Pedreiras, 37.524 euros para actuacións na Avenida da Coruña, 25.500 euros para a auditoría enerxética de iluminación pública exterior do municipio, 49.560 euros para o desenvolvemento dun plan de mobilidade e de deseño urbano no Campus, 31.000 euros para a Casa da Muller “por non saber ler as bases da solicitude”. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies