Economía

El PP critica que el gobierno local desconozca cómo gestionará la grúa a un mes del fin del contrato

By 22 octubre, 2015enero 29th, 2016No Comments

El portavoz popular teme que pasen los plazos sin que los socialistas asuman de forma provisional la gestión del servicio “cuyo contrato termina el 30 de novembro”

O Grupo Municipal do Partido Popular exisiu ao goberno local que “dé os pasos necesarios para iniciar o expediente para a municipalización do servizo do guindastre  acordado en pleno hai un mes”. O voceiro dos populares explicou que “dentro dunhas semanas chegamos ao 30 de novembro, data na que remata o contrato do guindastre municipal” amosando a súa sorpresa pola inacción do goberno local “que a día de hoxe non deu nin un só paso: nin para iniciar o cambio de modelo, nin para asumir de forma provisional a  xestión do guindastre”.

Jaime Castiñeira criticou a falla de dilixencia dos socialistas que, a estas alturas, foron incapaces de “convocar á oposición á comisión especial que establece o artículo 56 do Regulamento de Servizos da Corporacións Locais cando hai cambios de sistemas de xestión”.

Os populares entenden que “dende o pleno de setembrou tiveron tempo suficiente para facer unha convocatoria coma esta” sobre todo tendo en conta que “hai que tomar decisións rápidas porque nuns días queda sen control un servizo como o do guindastre”. Os populares pregúntanse que é o que vai pasar con este servizo  a partir do día 1 de decembro”. Castiñeira sospeita que “a parálise e incompetencia dos socialistas chega a tal punto que nin tan sequera se notificou á empresa que, de momento, xestiona o servizo do acordo acadado no pleno”.

Castiñeira está preocupado pola lentitude dos socialistas, unha preocupación que comparte cos representantes de CC.OO cos que se reuniron esta mañá varios edis do PP.  O popular apuntou que “o goberno ten unhas funcións encomendadas” engandindo que “aquí non se trata só de sair na foto, hai que xestionar, avanzar e facer cousas”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies