El concejal del Grupo Municipal del PP Óscar Poy explica que el intento del gobierno local por aparentar que hacen algo no sirvió de nada ya que los usuarios de las instalaciones deportivas siguen sufriendo las mismos defectos de siempre
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, explica que a táctica empregada polo goberno local, de dar una man de pintura a varias instalacións deportivas municipais pode ser “efectivo” a primeira vista, pero que non vale de nada xa que as deficiencias que tiñan antes seguen presentes e os seus usuarios seguen cos mesmos problemas de antes.
Óscar Poy pon como exemplo as pistas de tenis do Palomar ou a da Piringalla. Instalacións ás que o bigoberno ordenou dar unha man de pintura para que dean unha mellor imaxe a primeira vista, pero que calquera lucense que as empregue ve como os problemas seguen aí. “Despois de tantos anos mirando cara outro lado, xa era tempo de que o goberno local se preocupara polas instalacións deportivas. Darlles unha man de pintura está ben, pero arranxar as deficiencias que presentan é o primeiro que habería que facer”, denuncia.
O concelleiro popular repasou as instalacións deportivas sobre as que actuou o bigoberno de Lugo e puido comprobar como, por exemplo nas pistas de tenis, onde era preciso realizar unha repavimentación das mesmas antes de proceder ao seu pintado ou realizar labores de mantemento xeral, xa que é preciso arranxar mobiliario, bancadas ou as redes.