Beatriz Vázquez critica la ausencia de proyecto de PSOE y BNG para destacar las ventanas arqueológicas de la ciudad que actualmente ponen en valor los cubos de fregona que se emplean para recoger el agua de las goteiras
A imaxe que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo están a permitir que se dea de Lugo, concretamente da fiestras arqueolóxicas, “é, vergoñenta”. A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Beatriz Vázquez lamenta que se siga a permitir que os cubos de fregona sexan a solución para evitar que as goteiras e filtracións de auga danen os restos arqueolóxicos da rúa Doutro Castro, despois de varios anos así “o que demostra que o legado cultural lucense non lles importa e, moito menos, a imaxe que se levan os turistas de Lugo”.
Os días pasados había catro cubos entre as dúas fiestras arqueolóxicas de Doutor Castro pero esta mañá xa había cinco, unha situación ante a que a concelleira popular incide no “vergoñento” desta situación e do abandono destes restos arqueolóxicos, xa que se está a dar “unha imaxe bochornosa” ao ver un mosaico romano protexido con cubos de fregona: “É o fiel reflexo da política de parches de socialistas e nacionalistas, empeñados en presentar unha imaxe de Lugo cada vez peor. Quizais sería máis útil que eses cubos de fregona os empregasen para recoller as pingueiras da súa neglixente xestión”, afirmou.
A concelleira popular volverá a insistir na comisión correspondente para coñecer os motivos de chegar a esta situación e comprobar se houbo algún tipo de avance por parte do goberno local para buscar unha solución definitiva e así evitar que as fiestras arqueolóxicas sigan a ter como protagonistas aos cubos de fregona. “Sabemos que é pecar de inxenuos, visto que a solución aos problemas de vao na fiestra arqueolóxica de da Rúa Nova foi clausurar esta fiestra”, lamentou.