Cultura

El PP critica que los cubos de fregona son la única solución del bigoberno para frenar las goteiras en las ventanas arqueológicas

By 8 enero, 2021No Comments

La concejal del Grupo Municipal del PP Beatriz Vázquez critica la ausencia de proyecto de PSOE y BNG para destacar las ventanas arqueológicas de la ciudad que actualmente ponen en valor los cubos de fregona que se emplean para recoger el agua de las goteiras

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Beatriz Vázquez, cualifica de “vergoñenta” a imaxe que o bigoberno de Lugo está a permitir que se transmita da cidade, despois de comprobar como hai restos arqueolóxicos protexidos cheos de cubos de fregonas para evitar que as goteiras danen este patrimonio, non sendo a primeira vez que optan por este parche.

Beatriz Vázquez explica que esta situación está a darse constantemente porque o método empregado para a instalación e posterior reparación das fiestras arqueolóxicas de Doutor Castro “non é o adecuado” polo que a auga segue a filtrarse periodicamente, tendo o goberno local como única solución a colocación de cubos de fregona.

A concelleira popular incide no “vergoñento” desta situación e do abandono destes restos arqueolóxicos, xa que se está a dar “unha imaxe bochornosa” ao ver un mosaico romano protexido con cubos de  fregona. “Estamos ante o fiel reflexo da política de parches de socialistas e nacionalistas, empeñados en presentar unha imaxe de Lugo cada vez peor. Quizais sería máis útil que eses cubos de fregona os empregasen para recoller as pingueiras da súa neglixente xestión”, afirmou.

Ante esta situación, dende o Grupo Municipal Popular se volverán a presentar preguntas ante a comisión correspondente para coñecer os motivos de chegar a esta situación e para ver comprobar se agora os concelleiros do goberno responden ás preguntas relacionadas coas fiestras arqueolóxicas, xa que na última comisión que preguntamos por este tema “non respostaron ás preguntas” agochándose en negacións e na ausencia de funcionarios.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies