El vicevoceiro popular Antonio Ameijide asegura que la lucha de egos de Méndez y Arroxo provoca “ despilfarros absurdos que pagamos todos los lucenses” un claro ejemplo a las 3 campañas simultáneas que PSOE y BNG contrataron en redes sociales “para disputarse la autoría de la programación de las patronales”
O PP acusa ao bipartito de activar con fondos públicos 3 campañas do San Froilán “ao mesmo tempo para felicitar as patronais: a oficial, a do BNG e do PSOE”. Antonio Ameijide lamenta que a rivalidade entre ambos políticos nos pase factura aos lucenses neste caso “competindo por quen felicita as festas e patrimonializa un evento que debería ser de todos os veciños e veciñas de Lugo”. O vicevoceiro do PP indicou que esta contratación por triplicado é un indicador máis que proba o “interese continuo de Méndez e Arroxo de que se vexan dous gobernos diferentes e dous líderes distintos”.
O vicevoceiro do PP indicou que “unha das contas que se contratou é a da concellaría de cultura dirixida pola nacionalista Maite Ferreiro, a outra conta é a da concellaría de xuventude de Mauricio Repetto e a terceira sería a oficial de San Froilán, que estivo inactiva ata á véspera das festas”.
Para o PP “é escandaloso” como se despilfarran os fondos públicos para que cada parte da coalición do bigoberno intente apropiarse das patronais xa que “os custes desta triple campaña non se traduce en eficacia senón que se trata doutra máis da súa loita de egos. Os lucenses merecen un goberno cohesionado, sólido e non o máis desastroso e caro de Lugo. Ningunha destas tres características as cumpren nin Lara Méndez, nin Rubén Arroxo”.
O popular avanzou que o seu grupo pedirá información sobre o custe desta triple campaña na que PSOE e BNG compiten por quen felicita antes e mellor as festas así como tamén toda a información relativa aos gastos do San Froilán 2021 xa que “moito nos tememos que “pola precipitación, a falta de previsión e a ausencia dunha folla de ruta única subirá a factura final das patronais”.
OS OUTROS ERROS DESTAS FESTAS
- A rivalidade coa que actúan PSOE e BNG tivo outro conflicto o da polémica das barracas. O PP foi o que abriu esta espita en agosto e a alcaldesa, aínda que tardou moito tempo en reaccionar, recoñeceu que a petición do Grupo Popular tiña sentido e que sería positivo montar atraccións para a hostalería e o comercio desautorizando ao seu socio de goberno.
- Este San Froilán tamén pasará a historia pola ausencia casetas do polvo. Perdemos un dos símbolos das patronais de Lugo pola falta de diálogo do BNG que non fixo nin un mínimo intento para escoitar aos hostaleiros e estudar unhas condicións para instalar as casetas máis favorables que as que estableceron. A alcaldesa é cómplice desta situación xa que non fixo nada por revertela.
- Censura do bigoberno de esquerdas á Ofrenda do San Froilán. PSOE e BNG néganse a incluír no programa esta celebración. Por si xa non fóra pouco o desprezo a esa mesma hora contraprograman cunha actuación na Praza de Santa María o acto relixioso.
- Canto as actuacións musicais:
- Non coinciden o número de concertos anunciados “inicialmente contabilizaron publicamente 100 e finalmente houbo pouco menos de 40 segundo aparece no programa oficial”
- Falta de previsión e de persoal no control do acceso aos concertos, que provocou, en certos casos, que o público tiña que esperar fóra do recinto e cando conseguía entrar o concerto levaba media hora ou máis en directo
- En moitos concertos ainda que se esgotaron as entradas había moitas cadeiras baleiras o que pon en tea de xuizo o metodo utilizado para acceder aos recitais programados. O feito de que sexan gratuítos invita a que se retiren entradas que logo non se utilizan. Mesmo detectáronse casos de revenda ilegal de entradas.
- Botouse en falta a música a animación musical na rúa e tamén a ausencia da Banda Municipal.
- O bipartito non deu a talla na promoción do programa do San Froilán e puxo en evidencia a falta de planificación: A páxina oficial do San Froilán 2021 e as redes sociais estaban dous días antes das festas desactualizadas e o programa impreso non estivo listo ata a véspera das festas. Por tanto o bipartito suspende en canto á promoción dos festexos difusión é nula”.