Los populares acusan al PSOE de utilizar los problemas sociales del barrio de la Tinería y de utilizar excusas de legislaciones, que dicen son restrictivas, para votar en contra de adoptar medidas para impulsar la rehabilitación del barrio
O Grupo Municipal do Partido Popular propón elaborar un plan de control de inmobles e impulso da rehabilitación no barrio da Tinería, co fin de impulsar de xeito áxil e decidido os expedientes municipais para que os propietarios subsanen as deficiencias dos mesmos e, en caso de que non o fagan, actuar de xeito decidido inciando ao menor prazo posible as comunicacións e actuacións de ejecución subsicdiaria que garantan a conservación do barrio e xeren un efecto impulsor para o movemento de rehabilitacións nestes.
Cando falamos de deficiencias falamos en primeiro lugar das que afectan á seguridade e á consolidación de fachadas e cubertas, só hai que dar un pequeno paseo polo barrio para decatarse da total inseguridade para as persoas, polo estado de absoluto abandono e risco de derrubamenteo ou desprendemento de lousas, cristais, trozos de fachada…
A realidade, máis aló de estériles polémicas políticas que pretenden construír un relato que pouco ou nada ten que ver co que pasou, é que dende o ano 2000 a Xunta veu facendo un esforzo importante para adquirir e rehabilitar inmobles no barrio da Tinería., acadando a rehabilitación de mási de 100 vivendas, máis de 20 locais comercias… cun investimento total de presto de 26 millóns de euros.
Desde xeito rehabilitáronse máis de 40 inmobles, que non é unha cifra cativa e, sobre todo, conseguiuse algo moito máis importante: que os lucenses deixasen de ver a Tinería como un barrio marxinal para velo como un barrio, xa non con posibilidades de futuro senón de presente, tanto para o lecer como para actividades comerciais e incluso, aínda que en menor medida, para vivir. ¿Quen baixaba da Praza do Campo cara abaixo hai vinte anos? Hoxe é algo que se ve como normal, pero é grazas ao esforzo en rehabilitar feito pola Xunta de Galicia.
Cómpre subliñar e recoñecer o esforzo que neste eido fixeron e fan moitos pequenos empresarios que cos seus negocios contribúen a darlle pulo ao barrio, a que teña vida e a xente pasee polas rúas.
Pero xunto a eses edificios a meirande parte rehabilitados pola Xunta e outros polos seus propietarios, existen outros en estado de ruína, algún que incluso pode ser un perigo para os viandantes, de feito non hai moito asistimos ao derrube de parte dun edificio que, por sorte, non causou danos persoais, pero non se pode seguir tentando á sorte.
Os propietarios teñen a obriga de manter en bo estado as fachadas e os tellados de xeito que non supoñan un risco para os cidadáns e, tampouco, un elemento de feísmo nunha zona próxima á Muralla e pola que discorre o Camiño Primitivo.
Certo que algúns propietarios non se fan cargo das súas obrigas, e ante isto a actitude do concello non pode ser a actual: non facer nada ou, no mellor dos casos, tratar de que o fagan acudindo ás multas coercitivas, as que non se lle da o seguimento e insistencia precisas. Se a iso lle sumamos a lentitude do Concello á hora de tramitar licenzas e permisos, a situación é a que agora temos.
A obriga do concello é obrigar aos propietarios a executar as obras de consolidación que sexan necesarias e, se non o fan no prazo concedido, executalas subsidiariamente reclamando posteriormente os custes aos propietarios. Esa posibilidade existe e o concello ten que facer uso dela. Se se traballa neste senso, garantirase que os propietarios ou ben arreglarán os seus inmobles, ou ben poñeranos en venta para permitir que chegue a inversión pública da Xunta ou de outras administracións ou a propia iniciativa privada.
Que A Tinería leve anos esmorecendo a pesar do importante investimento da Xunta, ten uns responsables que son os mesmos que levan anos freando os investimentos público no barrio e relentizando e desincentivando a iniciativa privada.
Efectivamente son positivas accións de dinamización do barrio, accións culturais, etc. pero non serven de nada se cando se pasea por el ou se albisca dende a Muralla o que se ve son casas a punto de caer ou, literalmente, colapsadas.
O Grupo Municipal do PP está convencido das posibilidades que ten a Tinería como polo turístico da nosa cidade pola súa cercanía á Muralla, polo paso do Camiño Primitivo, pola traza urbana que ten, etc. , pero non é menos certo que si o concello sigue permitindo que convivan inmobles en estado de ruína con negocios que tratan de darlle vida ao barrio, corremos o risco de que volva a ser un foco de actividades marxinais que terminen prexudicando aos negocios que neste momento lle dan vida ao barrio.
Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
- Que se elabore con carácter de urxencia, un plan de control e impulso da rehabilitación dos inmobles do barrio da Tinería e se proceda ao vallado e protección de todos os edificios que presenten deficiencias e que poidan supoñer un perigo para os viandantes.
- Que se obligue aos propietarios dos inmobles en estado de ruína a consolidar fachadas e cubertas e en caso de que os propietarios non executen as obras no prazo concedido, sexa o concello o máis áxilmente posible o que leve a cabo as obras, de forma subsidiaria, repercutindo o seu custo aos propietarios.
- O Concello de Lugo leve a cabo medidas de incentivo e asesoramento ao investimento e emprendemento privado na zona, de cara a dar pulo a rehabilitación do Barrio.