Óscar Poy lamenta la renuncia de socialistas y nacionalistas a construir la circunvalación de O Burgo, conformándose con asfaltar la carretera que atraviesa el núcleo, algo que era necesario, y que coincide con el trazado del Camino Primitivo
O Grupo Popular Municipal do Partido Popular vén de confirmar unha denuncia que leva moitos anos facendo: que ningún dos gobernos de PSOE-BNG nin no Concello nin na Deputación teñen interese algún en realizar a circunvalación de O Burgo, unha infraestrutura fundamental e de interese público para mellorar a seguridade viaria no Camiño Primitivo e a comunicación entre a zona urbana e as parroquias de O Burgo, Poutomillos, Prógalo, San Pedro de Mera e Bacurín.
Explica o concelleiro Óscar Poy que hai anos que dende este grupo municipal se vén reclamando a construción desta circunvalación xa que “é fundamental para mellorar a seguridade no Camiño Primitivo” e agora “constamos a realidade que se denunciou no ano 2020 dende este mesmo grupo municipal: socialistas e nacionalistas aparcan definitivamente o proxecto de ensache e mellora da circunvalación de O Burgo e confórmanse con asfaltar a estrada que cruza o núcleo”.
O proxecto defendido polo Partido Popular, tanto no Concello de Lugo como na Deputación, contempla unha nova vía de circulación que bordee, pola zona norte, as vivendas e explotacións agrícolas e gandeiras do Burgo, desviando así a circulación e evitando o seu paso innecesario entre as vivendas e ao carón dos peregrinos que fan o Camiño Primitivo.
Óscar Poy fai estas afirmacións despois de ver como se rematou hai escasos días o asfaltado do tramo que pasa polo núcleo e que coincide cun tramo do Camiño Primitivo, unha intervención que “pese a ser necesaria, non pode ser unha escusa para non acometer o proxecto de circunvalación que o PP leva anos reclamando”.
Recorda o concelleiro popular que o actual trazado é moi estreito polo que o seu asfaltado non soluciona o problema de seguridade que hai ao coincidir o trazado co Camiño Primitivo.
Unha circunvalación que tanto socialistas como nacionalistas se negan a realizar a pesar dos acordos plenarios existentes en ambas administracións están incumprindo varios acordos de pleno entre eles o tomado hai catro anos a instancias dunha proposición do Partido Popular recriminando que “PSOE e BNG decidan rebaixar a categoría dos accesos nesta zona e non teñan en conta que mantendo a situación actual, sen o novo proxecto, obrigan aos numerosos peregrinos que pasan por este núcleo a sortear maquinaria agrícola e vehículos”.
A circunvalación que se prevía é fundamental para mellorar as comunicacións entre a zona urbana da cidade coas parroquias de O Burgo, Poutomillos, Prógalo, San Pedro de Mera e Bacurín, unha vía cunha alta densidade de tráfico xa que comunica Lugo con Friol por San Xoán do Alto, ata Villamaior de Negral.
A circunvalación contempla unha nova estrada de 2,1 quilómetros e cun orzamento ascendía a 510.364€. O treito en cuestión está situado na estrada provincial CP-2901 e o desvío faríase dende o PK 3,3 ao 5,4, proxecto que xa estaba feito cando a Deputación estaba gobernada por un goberno do Partido Popular.