InfraestructurasMedio Ambiente

El PP cuestiona los 74 huertos VIP de la alcaldesa cuando es incapaz de adjudicar las 32 huertas de Fontiñas

By 26 abril, 2022No Comments

Los populares explican que “dada la falta de solicitudes no se cubrieron las parcelas en los Huertos de Paxariños por lo que en la lista de adjudicatarios el gobierno local tuvo que incorporar 4 peticiones inscritas fuera de plazo y tirar de otros tantos candidatos que ya disfrutaran anteriormente de las parcelas municipales”

O Partido Popular cuestiona os 74 hortos de alto standing que a alcaldesa de Lugo vai montar na contorna do edificio Impulso verde e que custarán máis de 700.000 € cando é incapaz de adxudicar as 32 hortas que oferta no parque dos Paxariños.

“Todos estamos de acordo con vivir nunha cidade ecolóxica, cun urbanismo sostible pero investir os cartos de todos en proxectos para potenciar a imaxe persoal de Lara Méndez ou de Rubén Arroxo é unha irresponsabilidade”. Dende o PP temen que “as propostas que o bipartito está presentando poidan acabar como moitas das obras do Plan E”.

Dende o PP resulta chamativo que se estean montando 74 hortos VIP de 10.000 € en Infanta Elena cando na lista provisional de adxudicatarios dos Paxariños quedaron 6 parcelas dispoñible. “Quizás este modelo non resulte atractivo” reflexionan no PP que destacaron como “para facer a lista provisional tiveron que tirar de 4 peticións rexistradas fóra de prazo doutros tantos candidatos que xa disfrutaran anteriormente das parcelas municipais”.

O PP recrimina que PSOE e BNG compitan tamén na política eco friendly co obxectivo de sumar unha foto máis a súa política. Os populares fan esta reflexión logo de comprobar que as hortas ecolóxicas que se han facer na contorna do edificio Impulso Verde supoñen unha competencia ao programa que o BNG está a desenvolver nos centros escolares. No proxecto que impulsa a alcaldesa figura unha tipoloxía de hortos escolares destinado aos rapaces das escolas máis próxima  rivalizando coa oferta do programa do BNG que, a través da concellería de educación, ven de poñer a disposición dos centros públicos de ensino actividades destinadas a nenas e nenos de 6º de primaria co ánimo de utilizar o horto como recurso educativo, para tratar todo o que ten que ver  co medio natural, o seu coidado e a concienciación ambiental”.

Dende o PP insisten en que “o seu Grupo está a favor de proxectos que fomenten o autoconsumo e a  ecoloxía pero nos parece un exceso que, por xustificar un gasto de diñeiro de Europa e para facerse a foto do día da alcaldesa, se faga este malgasto”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies