Obras

El PP culpa al gobierno de los “continuos” problemas de la red de agua en Fontiñas

By 2 diciembre, 2015enero 29th, 2016No Comments

El concejal popular Antonio Ameijide afirma que el gobierno municipal es “el único culpable y responsable” de que periódicamente se repitan cortes en la red de agua, como el de ayer de 12 horas, por no haber sustituido todavía el fibrocemento

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular Antonio Ameijide culpa ao goberno municipal dos “continuos” problemas da rede de auga en Fontiñas na marxe dos números impares.

Nese senso, o popular destaca que “o corte de 12 horas que sufriron onte parte dos veciños desta rúa non é algo novo senón que é, polo menos, o terceiro que se produce en apenas tres meses, dado que tanto a finais de agosto como a comezos de setembro se produciron incidentes similares”. Así mesmo, Ameijide anuncia que “non é algo que sexa impredicible, porque todos sabemos os problemas que dá a rede de fibrocemento, polo que seguramente volvan existir máis casos deste tipo ante a pasividade e a despreocupación do goberno municipal”.

Así mesmo, Antonio Ameijide lembra que “o goberno municipal non deu máis pasos en firme” en relación á intervención na Ronda das Fontiñas, proposta polo PP e aprobada polo PSOE en xuño de 2014, desde a licitación da obra, publicada no BOP o 19 de febreiro deste ano, e desde que a Mesa de Contratación propuxera a comezos de agosto á empresa adxudicataria para esta obra. “É máis: ao día seguinte dese acordo de xuño de 2014, cando o proxecto xa estaba practicamente rematado, xa podía ter saído a licitación e ao cabo dun mes ou mes e medio estar comezando esta actuación tan necesaria”, asevera, ao tempo que insiste en que “pasan os meses e sucédense os problemas para veciños e comerciantes sen que a ningún membro do goberno municipal, nin do actual nin do anterior, pareza importarlle o máis mínimo”.

Financiamento perdido.-

Ademais, o edil popular lembra que a obra da Ronda das Fontiñas é unha das catro para as que o goberno municipal perdeu a partida orzamentaria consignada ao non tela executada e certificada antes do remate de 2015. En concreto, para esta intervención prevíase destinar uns 315.000 euros que “agora quedan en papel mollado porque os socialistas non tiveron a vontade política mínima para sacar adiante este investimento”. “Todo isto co agravante de que o goberno municipal leva dende xuño de 2014 con esta proposta enriba da mesa, despois de que o Grupo Municipal do Partido Popular o introducira no acordo para o Plan de Investimentos hai ano e medio”, subliña, ao tempo que incide en que “é totalmente incomprensible que os socialistas teñan chegado a este punto porque coñecían a necesidade e tiñan o proxecto e o financiamento precisos para levar a cabo esta intervención tan longamente demandada e pola que os veciños de Fontiñas levan tanto agardando”.

Por último, o popular critica que “por culpa desta falta de traballo do  goberno municipal, agora hai que reiniciar por completo todo o proceso de contratación”, o que vai acarrear “moitos meses de demora nunha obra que leva anos pendente”. “Que teñen de diferente os veciños da Ronda de Fingoi, onde se prevía unha reparación similar que xa está case rematada, e por que non se executaron as dúas intervencións de xeito simultáneo”, pregúntase finalmente Ameijide.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies