El portavoz popular Ramón Carballo pide la alcaldesa lucense que se sume la esta iniciativa para que Pedro Sánchez tome las medidas necesarias para garantizar el futuro de esta industria, que constituye una pieza fundamental de la economía de la Mariña y del conjunto de la provincia de Lugo
O Grupo Popular quere que o pleno da corporación de Lugo manifeste o apoio do concello aos traballadores e traballadoras afectados directa e indirectamente polo anuncio de peche da produción de aluminio en Alcoa San Cibrao. O voceiro popular manifestaba que “desafortunadamente, cumpríronse os peores prognósticos e, neste momento, a factoría de Alcoa en San Cibrao enfróntase á ameaza real de poñer fin á produción de aluminio primario e en consecuencia á perda de 700 empregos, entre directos e indirectos”.
Na proposición que o Grupo Popular defenderá na sesión plenaria tamén solicitan ao Goberno de España “que sexa contundente á hora de defender a continuidade da produción de aluminio primario en España e busque unha solución inmediata para que non paren as cubas, así coma para que ningunha persoa traballadora perda o seu emprego”. O voceiro popular Ramón Carballo indicou que tamén se reclama da Xunta de Galicia “que manteña a súa lealdade institucional e a súa oferta de colaboración co Goberno na posta en marcha destas medidas, como ten feito de maneira permanente desde que saltaron as primeiras alarmas en outubro de 2018”.
Ramón Carballo detallaba que a solución debe pasar por: aprobar de maneira inmediata o Estatuto de Consumidores Electrointensivos coas alegacións presentadas ao borrador polos traballadores, os gobernos de Asturias, Cantabria e Galicia e pola propia industria electrointensiva; convocar urxentemente a poxa de interrompebilidade para o segundo semestre de 2020, polo menos, co mesmo importe que o pasado ano, con bloques de MW para as empresas hiper-electrointensivas; autorizar o máximo importe permitido pola Unión Europea para compensar os custos indirectos de emisións de CO2 e, por último, elaborar un plan específico para este sector co obxectivo de optar aos fondos que ten previsto repartir a UE para impulsar unha recuperación sostible, equitativa, inclusiva e xusta a través dunha resposta eficaz en favor dunha Europa ecolóxica, dixital e resiliente.
O voceiro popular conclúe que “non hai más tempo que perder e o Goberno central debe asumir como máxima prioridade a aprobación urxente dos mecanismos que permitan contar cun prezo eléctrico competitivo e estable para a factoría de Alcoa San Cibrao e o conxunto da industria electrointensiva galega para que poidan operar en igualdade de condicións co resto de Europa”.