Los concejales del Grupo Municipal del Partido Popular instan al gobierno local a dejarse ayudar en este rato de dificultad para toda la sociedad para que el Ayuntamiento de Lugo sea el hilo conductor de la recuperación económica del municipio
O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo defenderá no pleno ordinario do mes de maio que se celebra mañá de xeito telemático a posta en marcha de medidas en diferentes ámbitos para evitar que a crise económica xerada polo Covid-19 siga a castigaraos lucenses e, entre todos, “poidamos acadar a reactivación de Lugo”.
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, explica que o seu grupo pedirá a creación de cinco mesas sectoriais de traballo para estudar as medidas a desenvolver para que cada sector económico da cidade se recupere da crise xerada polo Covid-19. Estas mesas de traballo teñen que ser o fío condutor para unir aos representantes de cada sector e así estudar polo miúdo en que grao afectou esta crise a cada sector económico e que pasos se deben dar para acadar a recuperación.
As cinco mesas propostas polo Grupo Municipal Popular son:
- Mesa sectorial de turismo, hostalería e comercio
- Mesa sectorial do eido rural
- Mesa sectorial sobre cultura, educación e deporte
- Mesa sectorial do ámbito social
- Mesa sectorial do ámbito empresarial e da construción
Para o populares esta pode ser a mellor ferramenta para recuperar “certa normalidade” xa que “se tentamos aglutinar a representantes de toda a sociedade nunha única mesa multisectorial sería moi complicado avanzar”.
Ramón Carballo tamén explica que defenderán crear unha comisión especial de seguimento para consensuar e fiscalizar as medidas municipais para afrontar a crise da Covid-19, na que socialistas e nacionalistas dean conta mensualmente nunha comisión informativa especial das accións que se están levando a cabo ou que teñen previsto poñer en marcha para paliar os efectos da Covid-19 na economía das familias, dos autónomos, das Pemes e dos veciños lucenses en xeral. “Defenderemos que nesta comisión, entre outras cuestións, se poña data e se consensúen as bases para organizar unha homenaxe ás vítimas desta pandemia dentro do ámbito do municipio”, sinala.
Os veciños do rural son “os grandes olvidados” para o goberno de Lara Méndez e Rubén Arroxo. Neste senso, o voceiro popular explica que se instará ao goberno local a aproveitar este momento que vivimos no que hai un auxe na procura de vivenda no rural para que o confinamento intermitente que se prevé sexa moito máis levadeiro.
O bigoberno debería reaccionar e impulsar o asentamento da poboación nas 54 parroquias, a través de medidas para incentivar a rehabilitación ou a construción no rural:
- bonificación nun 50% da taxa de licenza de obra e tamén no Imposto de Construcións e Obras
- axilización das licenzas xa que, neste momento, podería haber nos armarios sobre 150 expedientes sen resolver, algunhas de hai dous ou tres anos
Por este motivo, “instaremos no pleno que o goberno local se comprometa a xestionar en tres meses todas as licenzas que están bloqueadas”.
Por último, o Grupo Municipal do Partido Popular pedirá un reforzo dos Servizos Sociais do concello para prepararse ante o aumento da demanda que se prevé. Ramón Carballo explica que “estamos preocupados polo incremento das situacións de necesidade que trouxo consigo a pandemia do covid-19, especialmente no que se refire á demanda de alimentos” e por iso é polo que a coordinación con entidades como Cruz Vermella, Cáritas ou o Banco de alimentos debe ser perfecta.