SeguridadSin categoríaUrbanismoZona Rural

El PP defenderá, en pleno, 3 propuestas para desbloquear viejos temas pendientes

By 27 julio, 2016No Comments

Los  populares solicitarán en el pleno de mañana la creación, antes del próximo verano, de una playa fluvial pública y gratuíta en el río Miño, también proponen un chequeo de los nudos e intersecciónes conflictivas del municipio con el  objeto de hacer mejoras en la regulación semafórica y, por último, reclaman que  se complete el abastecimiento de agua de Orbazai.

O Grupo Popular pide á corporación o apoio para crear unha praia fluvial e ponlle ao goberno local un prazo para executar esta dotación  “os lucenses temos que tela lista para o vindeiro verán”. Os populares apostan por ubicar a zona de baño pública, gratuíta e segura, fronte ao Pazo Universitario dos Deportes. Castiñeira sinala que “esta ubicación é a máis axeitada dende o punto de vista da seguridade dos bañistas, da sinxeleza na tramitación polo menor grao de protección da zona, da accesibilidade e dos servizos, como aparcamento, que xa existen”.

Os populares tamén queren que o goberno municipal comece a traballar dende xa para adquirir os aproximadamente 40.000 metros cadrados  que se atopan na confluencia entre o Parque do Miño e o Río Rato e que impiden que estea completo o cinto verde da cidade de maís de 10 quilómetros de lonxitude”, máis aínda vendo que “semella que hai consenso entre os distintos grupos políticos” sobre a conveniencia de contar con esta dotación. “Polo tanto, vaiamos dando pasos e que logo sexan os técnicos municipais quen nos digan se a praia a ubicamos un metro arriba ou un metro abaixo”, apunta Castiñeira.

Por último reclaman que se traballe na liña de recuperar os tres caneiros desa zona (o de Lulú, Carlos e da Tolda), en colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil

O popular tamén anunciou que trasladará ao pleno de mañá outra iniciativa relativa á seguridade vial  que contempla melloras na regulación semafórica de 10 puntos da cidade. O voceiro do populares Jaime Castiñeira matizou que “recoñecer os riscos é o primeiro paso para protexer a vida” polo que instan á administración local para que faga todo o posible para que circular polo Concello sexa o máis seguro posible. Os populares agardan que a corporación apoie o chequeo dos  nudos e interseccións conflictivas do municipio. Algúns deles son a substitución dos semáforos por rotondas en interseccións como en Avenida de Magoi con Campos Novos ou Avenida de Magoi con Estrada da Granxa; a reubicación dos semáforos, como en Ramiro Rueda, a onde se poderían trasladar os existentes en Perpetuo Socorro, así como mudar as frecuencias de paso en rúas como Orquídea. Tamén para axilizar a circulación e mellorar a fluídez no tráfico, poderíase permitir sempre o xiro en puntos como Infanta Elena con Monte Faro ou no Carril de Catasol cara a rúa Catasol.

Por último os populares tamén solicitan que que se complete a rede de abastecemento de auga en Orbazai co obxecto de dotar deste servizo a preto de 40 vivendas dos núcleos de Malladoira, Taboelle, O Cabalo, O Vilar, Penarrubia e Areosa. Castiñeira explicou que “estamos a falar dun investimento que é perfectamente asumible polo Concello de Lugo”, polo que insta aos socialistas a “rematar coa desigualdade que existe entre os veciños da mesma parroquia”

Así mesmo, o voceiro popular incidiu en que se trata “dunha vella reivindicación veciñal”, ao tempo que lembrou que “foi un compromiso electoral do PSOE na última campaña”. “Quero pensar que a alcaldesa non está castigando sen este servizo aos veciños destes núcleos por intentar desmarcarse das promesas do anterior alcalde, porque dos votos que el colleitou ben que se serviu”, apuntou Castiñeira, ao tempo que destacou que “tampouco é que nos sorprenda, porque os lugueses estamos moi acostumados ás promesas baleiras do PSOE”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies