Antonio Ameijide afirma que este barrio precisa de una intervención urgente, actuación que ninguno de los diferentes gobiernos socialistas y nacionalistas que dirigieron el Concello de Lugo en los últimos 24 años fue capaz de poner en marcha
O barrio do Carme precisa dunha intervención urxente, intervención que ningún dos diferentes gobernos socialistas e nacionalistas que dirixiron o Concello de Lugo nos últimos 24 anos foi capaz de poñer en valor nin en marcha.
Unha actuación necesaria, demandada por veciños e polo Partido Popular, polo que se pedirá no pleno desta semana que o Concello de Lugo inicie a tramitación da declaración de “Entorno residencial de rehabilitación” para o barrio de O Carme, así como impulsar os cambios precisos de cara ao desenvolvemento urbanístico do barrio de cara a posibilitar o avance e crecemento real da zona.
Antonio Ameijide explica que o barrio do Carme é unha zona cunha estrutura moi específica. “A súa urbanización é moi inferior ao propio entorno, dando lugar a unha imaxe dun barrio decadente e cunha dotación de servicios moi inferior a de outras zonas urbanas da cidade”, sinalou.
O PERI-6 que actualmente acolle a este barrio contempla unha elevada edificabilidade pero con dous importantes condicionantes: o Camiño Primitivo e os restos arqueolóxicos. Unha singularidade que frea o desenvolvemento da zona que actualmente presenta unha elevada degradación urbana e social, pero que ofrece un enorme potencial que non debe limitarse ao uso residencial. Estamos ante un barrio cun enorme potencial para converterse nunha zona para pasear, con zonas de recreo, que fomente o turismo ou o comercio e que poña en valor unha contorna privilexiada.
O concelleiro popular afirma que “é o momento de reverter a inercia que levou a este barrio, cunha gran riqueza cultural e natural, a ser un dos grandes esquecidos dos últimos gobernos desta cidade”. Un barrio emblemático que a día de hoxe debe ser considerado como zona vulnerable e unha prioridade para as actuacións inmediatas do goberno. A declaración de “Entorno Residencial de Rehabilitación” é unha ferramenta que permite facer un plan integral que se apoie en normativa de rehabilitación autonómica ou que permita conseguir fondos europeos de axuda a actuacións de rehabilitación no Plan de Barrios, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.