El concejal del Grupo Municipal del Partido Popular Javier Vázquez defiende que los padres son los primeros responsables de la educación de sus hijos por lo que ese papel no puede ser sustituido ni condicionado por el Estado, de ahí que se recoja en el título I de la Constitución a libertad de enseñanza
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Javier Vázquez, defenderá no vindeiro pleno unha proposición en defensa das liberdades educativas recollidas na Constitución, para que se garanta a liberdade dos pais para escoller o centro educativo no que estudarán os seus fillos.
Neste senso, Javier Vázquez pedirá ao pleno o seu apoio para respectar e defender a Constitución Española e a xurisprudencia emanada do Tribunal Constitucional en relación ao artigo 27, que sitúan no mesmo plano de igualdade o dereito á educación e a liberdade de ensinanza, mediante un desenvolvemento harmónico de ambos dereitos.
O concelleiro popular explica que os pais son os primeiros responsables da educación dos fillos, “polo que ese papel non pode ser substituído nin condicionado polo Estado”, polo que é preciso que os pais teñan a seguridade de que o Estado lles protexe e garante os seus dereitos.
Ao longo dos corenta anos de vixencia da Constitución, as diferentes reformas educativas defenderon, con maior ou menor paixón, ambos dereitos, desenvoltos e reafirmados tamén pola xurisprudencia do Tribunal Constitucional. Non obstante, o último proxecto de lei do partido socialista, a denominada LOMLOE, cuestiona o primeiro gran pacto educativo da Transición ao intentar limitar as liberdades educativas recoñecidas na Constitución.
Pero, ante as últimas manifestacións da ministra de educación en funcións, que a pesar da abundante normativa e xurisprudencia, entre elas a Declaración Universal dos Dereitos Humanos que no seu artigo 26.3 establece que “os pais terán dereito preferente a escoller o tipo de educación que haberá de darse aos seus fillos”, xeraron gran alarma social por cuestionar que os pais poidan elixir a educación dos seus fillos, “algo que se materializa cando as familias elixen un centro educativo ou outro”.
Por iso, Javier Vázquez ve fundamental garantir que os pais, como primeiros responsables da educación dos seus fillos, elixan o tipo de educación e o centro educativo onde escolarizar aos seu fillos. Unha medida que vai da man dunha promoción e respaldo á autonomía organizativa e pedagóxica dos centros, respectando o carácter propio dos mesmos, para desenvolver proxectos educativos de calidade que poidan responder ás inquietudes e prioridades das familias, co fin de que estas poidan elixir con total liberdade.