Ramón Carballo destaca que tanto PSOE, como BNG y Ciudadanos votaron a favor de estas propuestas porque el Partido Popular “ya marca la línea a seguir en la política municipal” fruto de la escucha activa que realiza a diario
O último pleno de ano deixou claro que o Partido Popular é o motor que precisa Lugo para medrar e reactivar a súa economía despois de ver como se aprobaron, todas por unanimidade, tres propostas encamiñadas a mellorar a vida dos lucenses e a solucionar problemas plantexados polos veciños nas diferentes xuntanzas que os populares realizan a diario en barrios e parroquias.
Ramón Carballo agradece o voto positivo realizado polo resto de grupos da corporación e sinala que “despois de tres anos e medio sufrindo o rodillo do goberno local agora demóstrase que PSOE nin BNG nin gobernan nin resolven os problemas dos lucenses”, ao que engadiu que “sempre foi o PP o motor que Lugo e os lucenses precisan para solucionar os problemas do día a día”.
A primeira das iniciativas aprobadas está encamiñada a mellorar a seguridade no municipio a través de plans de seguridade específicos para os diferentes barrios da cidade onde se coordinen os distintos corpos de seguridade para que haxa máis presencia policial nas rúas, tendo en conta aqueles barrios que presentan problemas como pode ser o da Milagrosa, un barrio vítima do abandono que ve como os problemas de convivencia están a converter este barrio na imaxe da decadencia.Tráfico de drogas ou okupación son queixas que trasladan a diario os veciños da zona.
Solución aos tapóns urbanísticos
Os populares tamén acadaron, unha vez máis, o compromiso do goberno local para proceder á eliminación dos tapóns urbanísticos históricos para mellorar a seguridade e mobilidade nos barrios de Lugo, algo que se debería de realizar a través da elaboración dun censo de tapóns para detectalos todos e logo darlles prioridade e suprimilos de forma progresiva. “Nesta ocasións agardamos que o tomen máis en serio, a pesar de que o responsable de Urbanismo asegurou que non era un tema prioritario na súa axenda”, explicou.
Melloras na conectividade dos polígonos
Por último, os populares tamén conseguiron o compromiso de PSOE e BNG par instar ao Goberno de España a iniciar os traballos necesarios para o desdobramento e iluminación da Ronda Norte así como deseñar unha vía de servizo que conecte a A-6 co polígono das Gándaras, actuacións fundamentais para que as empresas lucenses sexan máis competitivas.