Para los populares esta práctica dañina para el medio ambiente sigue siendo frecuente en Lugo puesto que el gobierno local no persigue estos atentados contra lo medio ambiente al optar por mirar a otro lado
Os vertedoiros incontrolados nas parroquias seguen a ser un dos grandes problemas para os veciños do rural que ven como seguen a proliferar este tipo de situacións, moi dañinas para o medio ambiente, sen que desde o goberno local de Lugo se preocupen por poñerlle freo.
Os concelleiros populares lamentan a “desastrosa” política medioambiental do goberno bipartito de Lugo poñendo como exemplo dous novos vertedoiros incontrolados que apareceron na parroquia de Muxa, “seguramente porque o goberno local, coa súa desidia, está a permitir a proliferación de vertedoiros incontrolados, unha práctica que pode traer consigo graves danos para o medio ambiente”.
O certo é que é recorrente que aparezan vertedoiros nas parroquias, e case con toda seguridade sexan restos que veñen a tirar dende outros concellos debido á nula preocupación de PSOE e BNG. Por iso, dende o Grupo Municipal Popular preguntan ao goberno bipartito “que está a facer para evitar este tipo de prácticas que, por desgraza, son habituais no noso concello”.
Nestes dous vertedoiros que apareceron en Muxa poden verse restos de obras, roupa, xoguetes, cosméticos, sofás, electrodomésticos ou alimentos, polo que urxe a rápida limpeza destes puntos.
Para os populares, a política medioambiental seguida polo Concello de Lugo “é un desastre” e para mostra os vertedoiros incontrolados que aparecen no termo municipal a diferenza doutros concellos nos que esta práctica non se aprecia, polo menos nunha cantidade e frecuencia tan altas como en Lugo. “Seguramente ten moito que ver que noutros concello si que se persegue con dureza esta práctica, algo que non sucede aquí, razón pola que parece que veñen dende outros concellos a tirar escombros, cascallos, electrodomésticos e todo tipo de lixo”, sentenciaron os populares.
Os concelleiros populares recordan a Lara Méndez que debe de dar exemplo e limpar o solar do polígono de O Ceao que converteu nun despezamento de coches e nun vertedoiro municipal onde o goberno local ten tirado todo tipo de materiais.