Los concejales del Grupo Municipal del Partido Popular critican los problemas que muchos lucenses encuentran a la hora de obtener el certificado del padrón, un documento que el Ayuntamiento está exigiendo para optar a las ayudas del Reanima Lugo, a pesar de que se trata un documento que expide el propio ayuntamiento lucense
Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo poñen de manifesto as numerosas queixas recibidas dos lucenses que poden optar ás axudas do plan Reanima Lugo, e todo por mor da mala praxe do goberno local, que en lugar de facilitar o acceso ás mesmas, o que fai é poñer trabas administrativas os autónomos e pequenos empresarios lucenses.
Desde o Grupo Municipal do Partido sinalan que debido á situación de alerta sanitaria polo Covid-19 moitos lucenses se ven na obriga de solicitar as axudas do plan Reanima Lugo xa que non poden traballar, polo que carecen de ingresos. O problema radica nas bases para optar a estas axudas, nas que se esixe estar empadroado en Lugo, polo que os interesados teñen que aportar o certificado do padrón, algo ao que non todos teñen acceso debido a situación que vivimos.
Neste senso, os populares lamentan o pouco interese do bigoberno en facilitar o acceso a estas axudas, xa que a Lei de Procedemento Administrativo (39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas) establece no seu artigo 28.2 que “os interesados teñen dereito a non achegar documentos que xa se atopen en poder da Administración actuante ou fosen elaborados por calquera outra Administración. A administración actuante poderá consultar ou solicitar devanditos documentos salvo que o interesado opuxésese a iso. Non caberá a oposición cando a achega do documento esixísese no marco do exercicio de potestades sancionadoras ou de inspección”.
Neste senso, desde o Grupo Municipal do Partido Popular explican que o bigoberno só tiña que facer algo tan sinxelo como “poñer unha opción para ceder o acceso á consulta de datos ao Concello”, algo que fixeron con outra documentación, como por exemplo a consulta do informe de vida laboral ante a TXSS.
Por iso, os populares instan ao goberno local a tentar corrixir esta situación, para evitar que calquera lucense con dereito a obter estas axudas non se quede sen elas.