El concejal popular Antonio Ameijide critica que para tapar las grietas de esta vía, hecha con asfalto de hormigón, se utilizase grava advirtiendo que “en poucos meses se vai soltar e terán que volver a arranxala”.
O Grupo Municipal do Partido Popular critica as obras de reparación dos baches da Avenida de Magoi. O concelleiro popular Antonio Ameijide explicou que se utilizou un material inadecuado para arranxar o seu pavimento “botar grava para arranxar un asfalto de formigón é unha auténtica chapuza”. O edil do PP razoaba que esta reparación “non ten xeito” e que “se duplicará o gasto porque nuns meses se vai soltar o material co que rechearon as fendas e o problema do mal estado do pavimento seguirá aí”.
O popular indicou que a reparación dunha vía de asfalto de formigón debería realizarse cun material das mesmas características “xa que requiren un menor mantemento e o seu periodo de vida útil é moito maior”.