El viceportavoz popular Antonio Ameijide recrimina a los socialistas “que se desentiendan del cuidado de las zonas verdes y dotaciones de esta área industrial después de que, en su día, reclamasen a la Xunta que para recibir el polígono plantase un césped específico e instalase el riego automático”.
O Grupo Municipal do Partido Popular reclama que o goberno local faga o mantemento das zonas verdes e das dotacións que hai no polígono das Gándaras. O vicevoceiro Antonio Ameijide manifestou que “a imaxe que ofrece, nestes momentos, esta área industrial é selvática coma se se tratase dunha zona abandoada, presentando un estado máis propio dun monte sen propietario que dun polígono industrial de primeira categoría”.
O popular explicou que neste momento “a maleza se apropia das zonas verdes, medianeiras e rotondas da zona industrial, os paseos peonís están prácticamente borrados e hai árbores secas”. Ameijide tamén reclamou o arranxo do mobiliario xa que “a maleza oculta os bancos, moitos deles rotos e moi deteriorados”. O popular alertou que as malas herbas que invaden rotondas e pasos de peóns están a provocar problemas de visibilidade e que o parque biosaudable “está impracticable” porque a maleza cubre os aparellos; xa no caso do parque infantil é necesario que se retire, cunha maior periodicidade, o lixo das papeleiras e se acondicionen os pavimento, os xogos e os sendeiros peonis.
Para os populares, tendo en conta que cada vez hai máis empresas instalándose no polígono das Gándaras, se debería traballar na liña de ofrecer unha boa imaxe desta zona industrial socialista “para que cada vez sexan máis as empresas que apostan por quedarse en Lugo en lugar de irse a polígonos doutros municipios”.
Ameijide reflexionou sobre as incongruencias dos gobernos socialistas e lembrou a Lara Méndez que “mentres que os seus antecesores esixiron a colocación do rego automático e, tamén, elixiron un tipo de céspede específico para botar nas zonas verdes das Gándaras o actual equipo leva máis dun ano sen tocar esta zona”. O edil do PP explicou que estas reivindicacións tan concretas as presentou o equipo de goberno do PSOE á Xunta en xuño de 2011 “como condicións para recibir estas zonas comúns do polígono industrial”.
Á vista de como está o polígono das Gándaras Ameijide subliñou que “todo o esforzo económico que se fixo non valeu para nada, foi como tirar os cartos de todos os lucenses a un saco sen fondo”. “Moito nos tememos que o abandono deste polígono teremos que volver a investir miles de euros para que recupere o estado no que nolo deixou o goberno da Xunta do PP”. Os populares insisten en que “a imaxe que presenta é moi diferente á idea orixinal de lucir un polígono moderno e atractivo para o investimento” indicando que “é unha mágoa que logo de facer un forte investimento se deixe deteriorar”.
Ameijide clarificou que o concello xestiona as zonas verdes dende o 17 de decembro de 2013 afirmando que “non é de recibo que “como consecuencia da desidia do goberno socialista se están deteriorando todas estas zonas e instalacións comúns” lamentando que “cando se trata doutras administracións son obrigas pero cando lles corresponde a eles a xestión baixan o nivel de esixencia”.