Antonio Ameijide pregunta los motivos por los que no funcionan los sensores, que hay bajo el asfalto, de 200 plazas ubicadas en Rodríguez Mourelo y García Portela así como en el aparcamiento del antiguo seminario y en las que el gobierno local invirtió 267.000 €
O Partido Popular pide explicacións do atraso da posta en marcha do aparcamento con sensores inalámbricos instalados no asfalto implantado hai un ano e oito meses en Rodríguez Mourelo e García Portela así como no párking do antigo seminario.
O popular Antonio Ameijide lamentou a espiral do goberno que preside Lara Méndez de “gastar por gastar de forma rápida e sen planificación” indicando que “a proba do despropósito deste gasto público de fondos europeos é que as 200 prazas que anunciaron se ían xestionar de forma intelixente e nunca chegaron a funcionar”.
As obras deste sistema, que se fixeron con cargo aos fondos europeos do Smart City, tiñan por obxecto localizar unhas 200 prazas libres a través dunha aplicación móbil. O orzamento que se destinou para este proxecto foi de 267.000€.
Os populares esperan que o goberno local dea a cara e explique os motivos deste fiasco: “é moi moderno e progre sumarse á moda das cidades tecnolóxicas, pero é inxustificable explicar porque pasa o tempo e despois de gastar miles de euros non son capaces de poñer en marcha este sistema de xestión intelixente de prazas de aparcamento”.
Os populares suspenden ao bigoberno de Lugo “no proceso de transformación como cidade intelixente con atrasos en medidas como esta, ou co colapso do 010 que tantos problemas está a xerar aos veciños e veciñas de Lugo ”.
O concelleiro popular explicou que “dende que en xullo de 2020 se colocaron estes sensores nada máis se soubo sobre este tema”. Nese senso, avanzou que presentarán preguntas a comisión para que o goberno local aclare “o prazo da posta en funcionamento deste sistema que permite localizar a través dunha aplicación móvil estacionamentos libres nos citados puntos”.