AugaEconomíaInfraestructurasObrasXestión

O PP denuncia o desvío de 200.000 € destinados a mellorar o ciclo da auga para pagar débedas do Centro Aquilino Iglesias inaugurado fai 1 ano e sete meses

By 4 octubre, 2024No Comments
  • O Partido Popular desvelou que o goberno local desviou case 200.000 € para pagar as obras do Centro Iglesias Alvariño, un edificio que foi inaugurado, en marzo de 2023, ás portas das eleccións. O decreto asinado o pasado 2 de outubro pola alcaldesa de Lugo aprobaba unha modificación orzamentaria para dar cobertura ás obrigas de carácter económico derivadas da revisión de prezos do contrato da obra

 

  • A concelleira popular, Mar Carballas, foi contundente ao criticar que “este decreto é un exemplo de que o goberno local nos minte cando presumen de que o período de pago a proveedores está por debaixo da media” xa que facturas como estas mostran cal é a verdadeira realidade: “hai pagos que non están rexistrados e non computan”.

 

  • A popular Mar Carballas tamén destacou a súa preocupación polo feito de que os fondos desviados procedan do proxecto de Aquavanza (PERTE da Agua destinado á investimentos para mellora da eficiencia e dixitalización do ciclo da auga), xa que eses cartos se poderían destinar a servizos esenciais, que demanda a veciñanza como renovacións de tubaxes en puntos como Sánfiz, barrio da Ponte ou Rof Codina, entre outros.

 

  • Carballas resumía: “este é un exemplo máis de mala xestión, pídenlle un esforzo aos lucenses cando eles sacan cartos de partidas que estaban encamiñadas a rebaixar os recibos da auga nun 10%. En vez dese desconto prometido atopámonos cunha suba dun 25% aprobada polo PSOE e o BNG co voto en contra do PP.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies