Economíatransparencia

El PP denuncia el fraccionamiento nueve contratos menores que suman 282.000€

By 9 febrero, 2021No Comments

Antonio Ameijide avanza que en el próximo pleno pedirán al bigobierno su apoyo para crear un registro de empresas “que frene el abuso de los contratos menores adjudicados a dedo” y para evitar que se “dividan artificialmente” contratos que tendrían que tramitarse como una unidad para cumplir la ley y “conseguir mejor precio para el ayuntamiento y dar participación a todos los autónomos y las PYMES”

Os populares detectaron que ao longo de 2020 o bigoberno fixo como mínimo “oito fraccionamentos de contratos menores  de manual” que suman 282.378 €. Ameijide explicou que PSOE e BNG “dividiron artificialmente” obras no Vello Cárcere ou obras de reforma no Fogar do transeúnte así como suministros de material tecnolóxico e audiovisual da  Casa dos Mosaicos. Nos tres casos “os importes que se aboaban  dividironse para rozar o límite dos contratos menores e evitar así a súa publicidade, impedindo que outras pequenas e medianas empresas puideran acceder a eles”.

Os casos que denuncian os populares son:

  1. Fraccionamento de dúas obras no fogar do transeúnte, ambas curiosamente por un importe idéntico de 47.487,48 € que se pagan á mesma empresa. Hai que ter en conta que o límite que marca a lei para facer un contrato de obra menor é de 48.400 € (40.000 máis IVA).
  2. Obras no vello cárcere polas que se pagaron, tamén á mesma empresa que no anterior expediente, dúas facturas de 27.692 € (salón de actos) e 24.709 € (para dar acceso independente á cafetería). Ambas obras dividíronse para evitar superar o mínimo dos contratos menores e non ter que dar publicidade e permitir a participación e oferta de máis empresas de Lugo.
  3. Na Casa dos Mosaicos pagamos á mesma empresa dúas facturas con importes exactos (17.224,35), polos conceptos de novo material audivisual, e material tecnolóxico para substitución do equipamento. Tamén se abonaron a outra empresa outras dúas facturas por idéntico importe  (11.779,35 €) para programación sistema audiovisual e por desenvolvemento do novo sistema de programación. Aquí falamos de catro contratos, nos que se fixeron dous fraccionamentos de libro para repartir entre dúas empresas en catro facturas, sen dar ningún tipo de publicidade e posibilidade de participación na contratación”.
  4. Dez contratos en concepto de servizo de comedor, cociña e lavandería para os centros escolares de Serra de Outes e Gregorio Sanz que suman os 77.000 €.

O popular insistiu en que “este recurso de contratos menores, no concello de Lugo, é abusivo e non supón ningunha situación vantaxosa para os intereses públicos ademais de incumprir o principio da libre concurrencia e a igualdade de trato constituíndo unha barreira burocrática inxustificada para as pequenas e medianas empresas”.

Antonio Ameijide recrimina á alcaldesa e ao vicealcalde que non den explicacións polos 6.7M€  que repartiu “a dedo” nos 1.343 contratos menores que asinaron o pasado 2020.  “Mandan a un concelleiro que en vez de clarificar, enrredou ainda máis” polo que avanzou que “pedirán explicacións en comisión de onde están os toldos , sombrillas e cinceiro coas que se amoblou o xardín do CEI Nodus e polas que se pagaron, con contratos menores a dedo, 12.678,30 €”. “O bigoberno di que non está este material pero na listaxe que eles publicaron figura como pagado, así que urxe aclaran onde están os cartos ou os mobles, ou ben minten ou ben falsean a documentación”, puntualizou.

Os populares anunciaron que no vindeiro pleno presentarán unha proposición para crear impulsar un rexistro de empresas que frene o uso deste recurso e evitar que se “dividan artificialmente” contratos que terían que tramitarse como unha unidade.

O rexistro voluntario e gratuíto que propón o Partido Popular brindaría aos autónomos ou empresas desta cidade a posibilidade de anotarse para optar ás contratacións de suministros, obras ou servizos que precise o Concello. A idea é que  lles chegue inmediatamente, vía telemática, un aviso para que poidan presentar ofertas. Deste xeito “conseguiremos un maior aforro para os cidadáns así como dar participación ás empresas e autónomos”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies