El Partido Popular presentó un ruego con el objetivo de que el gobierno local acondicione un tramo del paseo del Miño, situado a la altura del balneario, y que está “de forma permanente encharcado”.
O concelleiro popular Antonio Ameijide explicou “o firme de gravilla deste paso está moi deteriorado pola auga que se filtra dunha fuga que está vertendo de forma directa a este camiño”.
Os populares lembran que o concello de Lugo é coñecedor da situación deste vial polo que lle piden que actúe de xeito inmediato para acondicionar este treito do paseo do Miño. Ameijide indicou que “o seu arranxo é unha cuestión máis de vontade política que de cartos”. O edil do PP solicita unha rápida intervención neste punto para evitar que se agrave o problema e medre máis a zona onde actuar.
Ameijide indicou que o paseo do Miño é un dos itinerarios elixidos polos deportistas lucenses para a práctica de atletismo ou ciclismo destacando que, nas últimas semanas, son numerosas as queixas dos seus usuarios que “advirten da incomodidade do firme e mesmo das molestias que ocasionan as salpicaduras ao pasar por este punto”. O popular indicou que “é previsible que coa chegada das chuvias, se non se arranxa a fuga e o pavimento a situación, empeorará de forma notable”.