El viceportavoz popular, Antonio Ameijide, asegura que “por el camino que va este gobierno, la empresa Cechalva, centro de la Operación Pokemon, seguirá recaudando dinero más allá de noviembre de 2017, cuando terminaría la prórroga que la alcaldesa le pretendía conceder y que los funcionarios frenaron”
O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, denuncia pagos á empresa Cechalva, eixe da Operación Pokemon, por un importe de 500.000 euros “non só totalmente á marxe da lei, ao non haber dende hai un ano nin contrato en vigor nin prórroga senón incluso con informes técnicos en contra desta situación”, circunstancia da que poderían derivarse responsabilidades legais.
Antonio Ameijide detalla que “cun coste medio mensual de 40.000 euros para as arcas municipais, deixando a un lado o que abonan os lugueses que foron sancionados, tendo en conta que o contrato caducou o 30 de novembro de 2015, aproximámonos actualmente aos 500.000 euros”, cifra que se divide entre as mensualidades xa satisfeitas á empresa (de novembro a abril de 2016 por 190.520,74 euros) e as que aínda non se asumiron (dende maio ata a actualidade). “O máis grave non é que xa sobrepasemos un déficit de máis de cinco millóns de euros, senón que nin sequera sabemos ata canto pode ascender porque non existe ningunha previsión temporal para atallar esta situación”, asevera.
Nesa liña, Ameijide apunta que “polo camiño que vai este goberno, a empresa Cechalva seguirá recadando diñeiro máis aló de novembro de 2017, cando remataría a prórroga que a alcaldesa pretendía concederlle e que os funcionarios frearon”. Deste xeito, o vicevoceiro carga contra o voceiro socialista, quen, no pleno de onte durante a comparecencia que solicitara o PP en relación á falta de avances da ORA, declarou que os procesos de municipalización son lentos. “É evidente que se nin sequera se inician, non se poden ir dando os pasos necesarios”, subliña Ameijide, ao tempo que incide en que “en calquera caso, do primeiro do que dependen é do interese que teña o goberno local, que é nulo”.
Deste xeito, o popular cualifica de “incomprensible” que o goberno non teña acatado ningún dos reiterados acordos plenarios para a prestación do servizo con medios do Concello, o último deles debatido na sesión de maio de 2016 a iniciativa do PP e no que se daba un prazo de 15 días para inicialo. “E o único que temos, medio ano despois, é un escrito de hai semanas no que se pedía aos grupos políticos que nomeasen os seus representantes para a constitución da Comisión de municipalización, que a día de hoxe segue sen reunirse nin a primeira vez”, destaca.
O vicevoceiro popular afondou en que “a calquera lugués lle resulta moi difícil de entender que a alcaldesa prefira a comodidade, por non pensar mal, de continuar coa práctica de Orozco de ter traballando para o Concello empresas sen contrato con todas as sospeitas sobre a adxudicación, como é este caso”.
Por último, Ameijide ve “insultante” que a socialista incluso presumira de estar a elaborar un novo prego de condicións en marzo de 2016 “cando un acordo plenario a obriga ao contrario” pero “nin sequera nunca máis soubemos tampouco desa actuación”.