El portavoz popular, Jaime Castiñeira, explica que el servicio de grúa ha generado en solo cinco meses un déficit de 190.520,74 euros, “cifra que, por lo menos, se duplicará” pese a que el interventor municipal cuestiona la legalidad de estos pagos
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular Jaime Castiñeira denunciou esta mañá en rolda de prensa pagos por 215.382 euros “sen contrato nin prórroga legal de ningún tipo” á empresa Cechalva, un dos eixes do Caso Pokémon, “malia á oposición do interventor municipal, quen cuestionou a legalidade dos pagos”.
Nesa liña, o popular explicou que, a maiores dos 24.861,30 euros que abonaron os lugueses aos que se lles retirou o seu vehículo, o Concello asumiu o déficit de 190.520,74 euros xerado polo servizo do guindastre prestado entre decembro de 2015 e abril de 2016, “o que significa que, tendo en conta que estamos ás portas do mes de agosto, teremos que pagar polo menos outro importe idéntico”. “Mentres tanto, o único que continúa a medrar é o déficit que provocou ás arcas municipais este contrato que foi moi lesivo dende o primeiro momento”, incidiu Castiñeira, ao tempo que subliñou que “a recadación media destes cinco meses segue a ser ridícula, duns 4.972 euros, na liña dos 4.954 euros de novembro de 2015, último mes con contrato en vigor”.
Táboa 1. Pagos aprobados á empresa Cechalva o 15/07/2016
MES | Importe imputado | Recadación | Liquidación |
Decembro 2015 | 45.135,66 € | 5.254,50 € | 39.881,16 € |
Xaneiro 2016 | 44.343,96 € | 4.655,50 € | 39.688,46 € |
Febreiro 2016 | 43.369,70 € | 4.585,00 € | 38.784,70 € |
Marzo 2016 | 41.836,39 € | 5.223,60 € | 36.612,89 € |
Abril 2016 | 40.696,33 € | 5.142,80 € | 35.553,53 € |
TOTAL | 215.382,04 € | 24.861,30 € | 190.520,74 € |
Fonte: Decreto número 16005638 do Concello de Lugo
Así mesmo, o voceiro popular ironizou con que “tal é o descontrol do goberno local que nun único día se tiveron que tramitar tres decretos para o pago porque os socialistas nin sequera se preocuparon por descontar a redación da empresa do importe que pretendían imputar ao Concello”. Así, detallou que primeiro se asinou o decreto 16005612 de aprobación e autorización e disposición do gasto e recoñecemento das cinco facturas; logo o decreto 16005637 deixou sen efecto o anterior; e, finalmente, o 16005638 aprobou a autorización e disposición do gasto e recoñecemento das facturas por importe de 190.520,74 euros.
Posibles novas responsabilidades xudiciais.-
Por outra banda, o popular advertiu das “posibles responsabilidades xudiciais” que poden derivarse cara aos políticos que, “en contra dos criterios técnicos”, deciden permitir que esta empresa “siga facturando para o Concello”. Así, apuntou que “calquera podería pensar que a alcaldesa, da que depende directamente este servizo, é, coa súa inacción, corresponsable de todo o que foron publicando os medios do Caso Pokemon e do que o propio Liñares recoñeceu”.
Por último, Castiñeira anunciou que pedirá acceso aos informes técnicos aos que se alude nos decretos de pagamento, tanto do xefe de servizo de Contratación como do interventor municipal, “funcionario que xa alertou reiteradamente de que o custe estaba totalmente sobredimensionado”.