El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide destaca que, a menos de un mes para que finalice el año, la alcaldesa so fue capaz de ejecutar el 7,13% de las inversiones previstas para este año lo que ponen de manifiesto a “nula preocupación” de Lara Méndez por Lugo y los lucenses y que revela que los presupuestos municipales “fueron otro engaño más y ya están caducados” a la vista de la nula inversión en la ciudad
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia a falta de “interese” de Lara Méndez por mellorar a situación na que se atopa Lugo xa que en decembro ten sen executar o 93% dos investimentos que anunciou para o Concello neste 2018.
Antonio Ameijide desmonta deste xeito o anunciou feito pola alcaldesa que bautizou aos orzamentos deste ano como “os máis inversores da última década”, uns orzamentos “dos que non executou practicamente nada” á vista dos datos que o propio goberno municipal facilitou ao Grupo Popular, polo que esa afirmación foi de cara aos medios, xa que se demostra que “nunca tivo vontade de facer realidade a inversión”.
Segundo os datos obtidos polos populares hai numerosos eidos nos que aínda non se executou nin un só euro de todo o orzamentado para investimentos, como pode ser en materia de accesibilidade, para o que se proxectaron 350.000€ ou en materia de extinción de incendios había 364.465€ e se investiron 0€.
Nas zonas verdes tamén chama a atención a ausencia total de inversión a pesar de que se proxectaron 60.000€ para a expropiación dos terreos do paseo Miño e así acadar a unión dos dous parques; “nin se tocaron” os 250.000€ destinados á praia fluvial ou que “nada se fixo” cos 210.000€ reservados para a creación de novos parques infantís, colocar a cuberta do parque de Augas Férreas e melloras no parque Rosalía de Castro.
O voceiro popular fai unha mención especial para o plan de barrios, que Lara Méndez bautizou como “a medida estrela” dos seus orzamentos, un eido no que tan só se executaron o 3,2% dos 2.5M€ destinados. E como exemplo, os 0€ invertidos dos 208.000€ destinados para a biblioteca da Piringalla.
Outros apartados, como o proxecto Edusi, que conta cunha inversión de 5.411.000€, segue agardando a que se realice algún investimento, pero o certo é que o goberno socialista non so non puxo en marcha os proxectos senón que realizou unha quita de 166.041€ destes fondos para destinalos a outros fins.
Algo semellante ocorre coas infraestruturas do transporte público, que contaba cunha inversión de 110.000€ e que sufriu unha quita de 69.000€. Unha materia que precisa dunha mellora total e que unicamente ve como o goberno de Lara Méndez segue sen investir na renovación do transporte e que esta fin de semana viu como, por unha falta total de preocupación, se desactivaba a web na que os lucenses podían consultar os horarios dos autobuses. Todo por mor dunha inversión de 0€ nesta materia.
Na zona rural, onde o asfaltado de pistas é unha necesidade “case diaria” só executaron o 8,7% do 1M€ reservado para este fin.
Antonio Ameijide destaca que, despois de avaliar estes datos, á vista de todos está que estamos ante “uns orzamentos caducados” por mor da nula inversión de Lara Méndez na mellora de Lugo. “Cada día que pasa segue a ignorar as necesidades da cidade e dos lucenses”, afirmou o popular.
O voceiro popular recorda ademais o plan de inversións que o Grupo Popular permitiu aprobar en xuño de 2017, “4.5M€ para o mantemento e mellora da cidade” que Lara Méndez foi incapaz de executar, incluíndo o proxecto de Lara Méndez para Quiroga Ballesteros, onde quería destinar máis dun millón de euros para a peonalización e cuberta desta rúa.