Economíatransparencia

El PP denuncia que la nefasta política económica del bigoberno se certifica en el récord de casi 30 M€ pagados con reparos de legalidad durante lo 2019

By 3 enero, 2020No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Ramón Carballo explica que debido al elevado número de servicios con el contrato caducado o sin contrato, Lara Méndez y Rubén Arrojo tienen que destinar una tercera parte del presupuesto municipal al pagado de facturas que se encuentran fuera de la legalidad

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, denuncia o que foi o ano 2019 para Lara Méndez: un novo récord de pagos con reparos de legalidade, xa que durante o pasado ano entre a alcaldesa e o vicealcalde autorizaron o pagamento de 27.911.883,44€.

Ramón Carballo sinala que “a nefasta” planificación económica do bigoberno se ve reflectida no pago de facturas con reparos de legalidade, xa que neste caso a terceira parte do orzamento municipal se destina a pagar facturas que non seguen os procedementos legais establecidos.

Ante esta situación, o voceiro popular urxe ao bigoberno a devolver á legalidade todos aqueles servizos que se atopan co contrato caducado ou directamente sen contrato, xa que, segundo recoñecen dende a intervención municipal en varios informes, estes pagamentos derivan da prestación de servizos efectuadas sen soporte contractual que os ampare en función da súa natureza, informes nos que se sinalaba que se efectuaban os reparos “ben porque tivera finalizado a vixencia dos respectivos contratos sen terse iniciado o expediente de novas licitacións, permitindo a continuidade das prestacións en precario e coa natureza da prórroga consentida sen cobertura contractual, ben porque se tivera considerado como gastos/contratos menores non xustificándose tal condición nin pola natureza, nin pola periodicidade nin pola contía acumulada”.

Os contratos que se atopan nunha situación de ilegalidade e que acumulan unha maior contía económica se atopan:

– Recollida do lixo: 7.954.717,81€
– Edar: 2.192.594,06€
– Etap: 1.652.944,87€
– Mantemento rede semafórica: 1.786.069,58€
– Limpeza das dependencias municipais: 1.649.042,83€
– Mantemento das zonas verdes: 1.233.537,80€

Uns datos que reafirman que a política económica do bigoberno local precisa “dun xiro de temón” o máis axiña posible, ao que Ramón Carballo engade que a situación é aínda más grave ao engadir aos reparos de legalidade os recoñecementos extraxudiciais de crédito que o bigoberno leva mensualmente a cada pleno. “Falamos doutra situación que debería ser extraordinaria e que os socialistas converteron en habitual no concello”, lamentou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies