transparencia

El PP denuncia que los canales digitales del Ayuntamiento de Lugo están al servicio del aparato de propaganda de Lara Méndez

By 7 julio, 2022No Comments

La concejal popular propone consensuar un código ético para evitar el uso partidista de la web municipal y de las RRSS de la institución municipal por lo que instan al gobierno local “a constituir una mesa de trabajo para elaborar unas normas, código o guía de uso de estos medios”

Os populares din que á alcaldesa de Lugo foiselle das mans “a politización das canles dixitais institucionais do Concello”. A concelleira popular acusa a Lara Méndez de utilizar diñeiro público para intentar adoctrinar aos lucenses en alusión “ao uso partidista da web y das RR.SS da institución”. Para o Partido Popular é grave que se utilicen ao servizo do PSOE unhas plataformas que están concebidas para dar información á cidadanía e denota unha falta de “pudor á hora de usar fondos públicos confundindo o interese público cos intereses do seu partido”.

Coa idea de mudar esta situación desde o PP propoñen consensuar un código ético ou unha guía de boas prácticas lembrando que “existe un acordo de pleno do ano 2014 para crear este foro para evitar o uso partidista da web institucional”. A popular indica que, lamentablemente, este acordo xa está obsoleto porque “o goberno local en vez de erradicar este tipo de prácticas propagandísticas agora o estendeu ao resto das plataformas dixitais”. Para o PP  “esta guía ou códico ético evitaría que os medios de comunicación institucionais do Concello de Lugo se usen en beneficio do PSOE e máis en concreto para o autobombo da alcaldesas”.

A concelleira popular Mar Caballas acompañou esta petición cunha listaxe de  novas con mensaxes partidistas que o bigoberno de Lugo difunde nas canles oficiais sen ningún tipo de rubor usando uns medios que “deberían ser exclusivamente para informar á cidadanía e non para adoctrinala” (Ex : visitas de cargos orgánicos do partido socialista como a  do Secretario Xeral do PSOE ao Impulso Verde ou críticas a outras administracións).

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies