El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide afirma que la alcaldesa tiene en las cuentas municipales 36 M€ fruto de no invertir en la mejora de la ciudad ni pagar a los proveedores y autónomos que prestan servicios al Ayuntamiento, una cantidad que podría no ser suficiente para hacer frente a la indemnización por el Garañón
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia que a “nefasta” xestión económica de Lara Méndez á fronte do Concello de Lugo quedou patente unha vez máis ao ver os datos de pago a provedores do terceiro trimestre do ano. Uns datos que amosan que a 30 de setembro había 9.875.114,65€ pendentes de pago.
Antonio Ameijide desvela que, segundo os datos do informe emitido pola tesoureira municipal, a 30 de setembro había 8.458 facturas sen pagar, por un importe que de case 10M€ unha auténtica “falta de respeto” a todos os provedores e empresarios que prestan algún tipo de servizo ao Concello de Lugo xa que nas contas bancarias municipais hai máis de 36.601.601,98€, o que pon de manifesto que nin Lara Méndez nin Ana Prieto teñen “preocupación algunha” polos autónomos e empresarios da cidade.
Neste senso, o voceiro popular recorda que os 36M€ que hai nas contas municipais débense aos constantes atrasos nos pagos das facturas aos provedores e autónomos que prestan servizos ao Concello e á falta de inversión dos socialistas nos tres últimos anos na cidade, unha cantidade que tería que empregarse para pagar aos provedores e autónomos que prestan servizos ao Concello, e que quizais non sexa suficiente para facer fronte á indemnización que o goberno local teña que pagar polo Garañón.
Das 8.458 facturas que hai pendentes de pago, 5.463 xa incumpren o prazo legal establecido para pagar as facturas, situando o período medio de pago pendente en 150,77 días. Antonio Ameijide pon de manifesto que a tesoureira municipal explica no seu informe que algunhas destas facturas pendentes “tardan máis de 365 días en obter conformidade”, unha cifra “que alonga os prazos de pagamento ata cotas inaceptables”.
O voceiro popular apoiase no informe da tesoureira municipal no que se asegura que unha vez máis “non existe un problema de liquidez nin imposibilidade financeira ningunha para poder afrontar os pagamentos municipais”. Un informe no que se engade que “os incumprimentos en materia da normativa de morosidade neste momento están a reflectir unha deficiente e lenta xestión interna na tramitación administrativa das facturas pero en ningún caso un problema financeiro ou de liquidez para atender os pagamentos”.
A tesoureira municipal engade que se reitera “a necesidade de tramitar nos prazos establecidos na normativa de morosidade as facturas que están pendentes así como as que entren por rexistro de entrada para evitar incumprimentos”.